Terras do Carballiño e os seus escritores (XXI) : “María Caiña Hurtado “

Miguel Anxo Fernández Fernández: Escritor, crítico de cine , historiador e Doutor en Comunicación Audiovisual

21-TERRAS DO CARBALLIÑO E OS SEUS ESCRITORES. María Caiña Hurtado (Carballiño, 1994)

AVANTAR ACTIVIDADES

[Esta serie é soamente divulgativa, só ten a pretensión de acoller ao máximo de escritoras e escritores que teñan en común a súa achega ás Letras, sexa polo camiño da ficción ou da non-ficción en todo o seu abano. Sen outro criterio que dar cabida aos seus trazos biográficos básicos, procurando mesturar orixes, oficios e xeracións. Hoxe tócalle á máis nova dos apuntados ata o de agora, mesmo de obra publicada aínda escasa].

María Caíña é lingüista de profesión, graduada en Lingua e Literatura Españolas e Lusófonas na USC, onde tamén cursou o Máster Interuniversitario en Lingüística Aplicada.

Entre 2017 e 2019 foi bolseira no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades e no 2020 colaborou no proxecto Ferramentas TraduWord e XeraWord: tradución do caudal léxico automática da linguaxe natural en galego e portugués. Actualmente traballa como investigadora colaboradora no proxecto Corpus de Referencia do Galego Actual (CORGA), e está a realizar a súa tese doutoral sobre a “desambiguación” semántica en galego, español e portugués.

Actualmente colabora como articulista no xornal Nós Diario. Na súa senda literaria iniciática, recibiu o segundo premio no V Concurso Literario Mazarelos no 2019 pola obra “Dous gatos a discutir a autenticidade do rato”, que foi publicada na antoloxía “De pedra a azulexo: obras premiadas no I, II,III,IV e V Concurso literario Mazarelos da Facultade de Filoloxía”.

Recentemente participou na antoloxía “Mafia, amiga” (2021), publicada en formato dixital por Leite Edicións. En decembro de 2021 gañou o Premio SELIC de creación literaria convocado polo Concello de Santiago coa obra de teatro ‘Como agullas finas cravadas no pescozo’, publicado por Edicións Positivas en 2022.

Nunha entrevista de Clara Rial para Nós Diario, á pregunta de canto comezou a escribir, a autora confesa: “O certo é que non o recordo. A escrita sempre formou parte da miña vida dun xeito máis directo ou indirecto. Era algo que facía para min mesma e nalgún momento comecei a presentarme a certames. Pensei en que igual a alguén tamén lle gustaría. Nunca pensara que podería escribir unha obra de teatro. A narrativa era algo que me atrae e estou no camiño de escribir algunha pequena novela, pero o teatro era algo que me aterraba. Gústame moito, porque como lectora e espectadora é o que máis desfruto, pero tiña un descoñecemento grande sobre como se escribe unha obra teatral.

Foi xurdindo a idea e foi algo novo para min, como un exercicio de aprendizaxe”. [https://www.nosdiario.gal/…/20211222155858134505.html]





Outros artigos de Miguel Anxo Fernández Fernández

Terras do Carballiño e os seus escritores (XX) : “Julio Rodríguez “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XIX) : “Francisco Javier Limia Gardón “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XVIII) : “Felipe Senén López Gómez “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XVII) : “Abelardo Santorum Alonso “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XVI) : “Xosé Lois Sobrado Pérez “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XV) : ” Jorge Emilio Bóveda “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XIV) : “Lito Vila Baleato “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XIII) : “Pablo Nogueira Campo “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XII) : “Ramón Caride Ogando “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XI) : “José Manuel Mouriño”

Terras do Carballiño e os seus escritores (X) : “Xosé Prada Martínez”

Terras do Carballiño e os seus escritores (IX) : “Manuel Chamoso Lamas”

Terras do Carballiño e os seus escritores ( VIII) : “Xosé Manoel Rodríguez”

Terras do Carballiño e os seus escritores ( VII) : “Ismael González Díaz”

Terras do Carballiño e os seus escritores ( VI) : “Víctor Campio Pereira”

Terras do Carballiño e os seus escritores ( V) : “Ánxel Sevillano García “

Terras do Carballiño e os seus escritores ( IV) : “Antón Losada Diéguez”

O Carballiño e os seus escritores ( III) : ” Benxamín Vázquez González “

O Carballiño e os seus escritores ( II) : ” Xosé Fariña Jamardo “

Terras do Carballiño e os seus escritores ( I) : ” Aurelio Miras Azor “