O Carballiño homenaxea ao seu líder, o C.D. Arenteiro

O C.D. Arenteiro viviu onte un día de celebracións. A Xunta e a Deputación recibiron ós campións e recén ascendidos a Primeira Federación pola mañá, e a súa casa, O Carballiño, fíxoo pola tarde. O alcalde presidiu un acto no que participou toda a corporación, e tamén a cidadanía.

O seu presidente, Argimiro Marnotes, destacou que con estas recepcións eles tamén queren dar as gracias polo apoio recibido, mensaxe que tamén trasladan á veciñanza. Fixeron esta homenaxe entregando a camiseta co número 12, o da afección.

AVANTAR ACTIVIDADES

Tamén aproveitou para pedir, xa que o camiño que se abre nesta nova categoría presenta novas necesidades, e así trasladoullo ás diferentes administracións.

A concelleira de Deportes, Silvia Baranda, deulles a grazas unha vez máis, despois de acompañalos e vivir con eles quilómetros e emocións.