O campionato galego de rallymix arranca esta fin de semana en Touro, A Coruña

O Campionato Galego de Rallymix comeza esta fin de semana (6 e 7 de maio) coa
sexta edición do Rallymix Concello de Touro (A Coruña).

A proba, unha das habituais do certame autonómico, contará con nada menos que 101
equipos na liña de saída, o que confirma o bo estado de saúde dunha modalidade que
combina a terra e o asfalto no mesmo treito cronometrado. Na liña de saída de Touro, os principais candidatos ao título, con especial atención a clase A, na que haberá máis de 35 participantes aos mandos de distintos carcross, incluidos tres participantes chegados dende a República de Irlanda (dous deles xa estiveron na cita en 2022). Entre os candidatos ao triunfo en Touro, catro dos cinco primeiros clasificados no certame en 2022, Abel Jurado, Javier Ramilo, Jacobo Andújar e Javier Martínez Carracedo.

AVANTAR ACTIVIDADES

Na clase B, reservada para vehículos de competición convencionais, máxima
igualdade, con varios R5 e N5, ademáis da presenza da Copa K6, reservada para
vehículos de dúas rodas motrices. Son favoritos nesta clase B, Celestino e Tinin Iglesias, con Javier Iglesias e Bárbara Gómez como copilotos (ambos con Ford Fiesta N5) ou Manuel Osorio e Alberto dos Reis (Skoda Fabia R5). Na K6, Omar Longueira defenderá o título do pasado ano co seu habitual Suzuki Swift.

A proba, coma ven sendo habitual, terá dúas xornadas de competición. O sábado 6 de
mayo, a partir das 12 do mediodía, os participantes realizarán a primeira das tres
mangas cronometradas. Xa no domingo, chegará o turno para as dúas restantes a
partir das 9:00 horas da mañá.

A entrega de premios está marcada para as 16:30 horas na localidade de Touro.