Iván Picallo, vencedor do slalom de Guitiriz, segunda data puntuable para o galego da especialidade

Iván Picallo foi o gañador do Slalom de Guitiriz, segunda cita puntuable para o
autonómico da especialidade.
Picallo, un dos favoritos para facerse con título, non deu calquera tipo de opción aos
seus rivais, marcando o mellor crono en todas as mangas da xornada, incluidas as
dúas oficiais.

AVANTAR ACTIVIDADES

CLASIFICACION


A cita, organizada por Scratch Fene, contou con numeroso público, que a pesar da
aparición da choiva nalgúns momentos, non quixo perderse a carreira, nun trazado
técnico e perfectamente señalizado.
Na segunda posición da xeral, o vencedor da carreira inaugural disputada en
Monterroso, Manuel Trevín. O do BMW situouse a algo máis de dous segundos de
Picallo.
Completou o podio David Santos, que aos mandos dun Citroën Saxo, quedouse a algo
menos de catro segundos do gañador.
A continuación, en cuarto e quinto lugar, Aarón Rodríguez e Aitor Fornos, ambos a
menos de un segundo dos postos de honra.
Na modalidade de iniciación, o mellor clasificado foi Rubén Gandoy no Peugeot 206,
seguido de Miguel Ángel García Cela, namentres que en debutantes o primeiro foi Luis
Toimil, con Renault Clio 1,2.
A seguinte proba puntuable para o Campionato Galego de Slalom será en As Pontes, o
3 de xuño.