Felipe Senén:”A científica María Teresa Miras Portugal sempre na memoria do seu Carballiño”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Por Felipe-Senén

Asumimos que resumir tan intenso curriculum respecto á científica María Teresa Miras Portugal, pode ser tan arduo para quen o resume como para quen o lee. Tentarémolo e farémolo con agarimo e a devoción que merece. Así que parafrasearemos o tema arredor desta singular carballiñesa, de ida e volta, muller entregada á ciencia da bioquímica e á súa docencia, a sumarse e servir humildemente a unha sociedade que tamén a sabe valorar, antes e despois.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Así é que, cinguíndome ao tipo de crónicas locais e aos numerosos datos biográficos que facilita a Real Academia da Historia e como testemuña que son, deixo constancia que no mediodía do 4 de abril do 2023, no salón de plenos do Concello do Carballiño a corporación municipal, presid1da polo Alcalde Francisco Fumega, fixo entrega, a título póstumo da Medalla de Ouro da Vila a María Teresa Miras Portugal. Fíxose a contrafío do deber cumprido en tempo xusto,  executábase así un acordo, levado tamén de xeito serodio, polo pleno municipal en 2 de decembro do 2022, pois a científica carballiñesa finara en Madrid en 26 de maio do 2022. Neste acto carballiñés estaban presentes o seu compañeiro, o tamén científico carballiñés Fernando Varela  García e os seus fillos, como os irmáns da homenaxeada, Aurelio e Xoán, entre outros familiares e vellos amigos . O Alcalde, Francisco Fumega, mesmo como experto historiador fixo unha acaída laudatio, extractando o extenso curriculum da carballiñesa, a que, alí por onde foi, sempre levou por insignia e bandeira a súa orixe. O seu fillo Fernando Varela Miras contestou cun breve, directo e simbólico discurso, agradeceu o xesto e fíxoo coa mesma humildade que caracteriza á familia, insistindo no moito que lle debía súa nai a esta súa vila; referiuse ao xardín da casa, a que construíu nos ermos do monte de  Corzos, lugar a onde retornaba sempre que podía e namentres ás froriñas do monte, as xestas ou os toxos invadían os espazos coidados para  un empezar de novo co sacho. Faltoulle ao acto a difusión e a solemnidade que lle aquecía e sobráronlle as presas. Aínda así prendeu nos asistentes a estela da emoción pola necesidade e xustiza do homenaxe.

María Teresa Miras Portugal, a maior de tres irmáns, era de familia ben coñecida e querida no Carballiño: o seu pai o avogado, profesor e escritor Aurelio Miras Azor, manchego, cun longo recorrido como liberal e “hombre bueno, en el mas buen sentido da palabra”  que diría de si mesmo, como dixo no seu  “Retrato” Antonio Machado. A súa nai Esperanza Portugal Careaga,  dunha familia referente en toda a bisbarra do Arenteiro, de Piñor de Cea a Boborás, a do filántropo don Perfectino Vieitez, un factorum  nos albores do século XX.

María Teresa era do tempo de quen isto conta, o dos que nacemos ao fío da metade do século XX. Para os estudantes de entón aquela alumna das franciscanas do Carballiño sempre foi un referente: ben sabía cal era o ritmo entre o tempo do lecer cun estudo que para ela era ansia de saber, de internarse na ciencia e na sociedade. Querida e ben apreciada por todos, deixando pouso nas súas compañeiras e profesores. Aínda non hai moitos anos, na  Coruña, cando atopaba á profesora Luz Vila – muller do entón xuíz, J. Antonio García Caridad, a que comezou a súa docencia nos colexios do Carballiño para rematala no Instituto  Salvador de Madariaga da Coruña – recordando aqueles seus anos carballiñeses asentaba coa súa característica autoridade que nunca tivo unha alumna mais educada e intelixente que M. Teresa.

Pola miña fonda e vella amizade co seu irmán Aurelio Miras e sabendo das miñas habilidades e experimentos en escultura e pintura, María Teresa, pedíame colgantes-amuletos tallados e cadros e dinlle uns cantos que sei gardou e colgou en lugares preferentes, entendo que quizais lle servirían como xanelas abertas a unha terra e a un tempo, ao noso Carballiño, a nós e a aqueles anos grises. A súa figura sempre se nos presentará positiva, con ese sorriso amable dos Miras, de palabras xustas, tal como a vimos e escoitamos, sementando emoción, naquel discurso fúnebre de despedida do seu pai na Veracruz do Carballiño.

 Entre tantas distincións o brillo do saber e da humildade

Tampouco é menos o curriculo e o humanismo carballiñés do catedrático de Xeometría e Topoloxía diferencial da Universidade Autónoma, Fernando Varela García, co que casou María Teresa, outro dos sabios prodixios que deu o Carballiño. Autor de non sei cantos teoremas, aos que lle dan voltas e reviravoltas os matemáticos do mundo. Matrimonio que, daquela, no Carballiño viuse como ideal e do que naceron dous fillos, Fernando, avogado e Alberto, enxeñeiro de camiños, mozos educados para as encrucilladas do mundo, sen perder o embigo do orixe que é o Carballiño e demostrado quedou.

 Mais hoxe aquí tócanos a figura  de Maria Teresa Miras, a alumna que das franciscanas do Carballiño no curso 1965-66 pasa a estudiar farmacia na Fonseca Compostelán para finalizalos na Complutense no curso 69-70: Premio Extraordinario da súa promoción e Premio Nacional Fin de Carreira de Farmacia (1971). Brillante expediente académico, condecorada ademais polo Ministerio de Educación e Ciencia co Víctor de Prata e o Lazo de Alfonso X o Sabio. Ano 1971 no que pasa ao Centro de Neuroquímica do CNRS en Estrasburgo e faino mediante unha bulsa de estudos concedida polo Ministerio de Asuntos Exteriores de Francia, do Ministerio de Educación Español e da Fundación Juan March, aquí realiza a súa tese doutoral. Prestixioso centro con sobranceiro equipo de investigadores que, ademais, naqueles anos recibe o Premio Nobel. No 1975  titúlase en ciencias pola Universidade Louis Pasteur de Estrasburgo e faino obtendo o máis alto grado, a un tempo que se doutora en Farmacia pola Universidade Complutense de Madrid. A tese  será arredor da súa vella teima científica a  “Dopamina B Hiroxilasa Bovina y humana. Interés clínico del enzima humano”. Neste mesmo ano retorna a Madrid, contratada polo Instituto Alfonso X el Sabio (CSIC)  traballando no Departamento de Bioquímica da Facultade de Farmacia da Complutense e como profesora no Departamento de Bioquímica da Facultade de Medicina da Autónoma de Madrid (1978-1981). Pasando a ser profesora agregada numeraria no Departamento de Bioquímica da Facultade de Medicina da Universidade de Oviedo (1981-82), catedrática de Bioquímica na facultade de  Ciencias da Universidade de Murcia 882-86)… para finalmente quedar no Departamento de Bioquímica y Biología Molecular de la Facultade de Veterinaria da Complutense, catedrática 1986-2018 da que, ademais será nomeada emérita. Caracterizada pola posta en común, por un traballo interdisciplinar.

Autora de 300 publicacións, en varios idiomas e universidades de todo o mundo, xeralmente arredor das neurociencias, sobre a dopamina b hidroxilasa e os seus cambios en distintas situacións patolóxicas. A súa presencia é reclamada como especialista, colaboradora, xurado, etc. en sociedades, comités, xurados, academias, editoriais,  simposiums e encontros internacionais vinculados ás ciencias, en especial á neurociencia. Presidenta (2007-2013) e Presidenta de Honor da Real Academia de Farmacia, tamén numeraria  da Real Academia de Ciencias veterinarias de España, da Real Academia de Doctores de España, así como académica en doutas corporacións de Arxentina, Francia, a Urss, Cataluña, Galicia, Murcia, no 2016 Medalla Castelao de Galicia… Ela, dende as súas perspectivas, como científica de cerna, cunha vida moi andada e traballada, asomando a morte, poido mesmo tratala de Tu e escolleu o respecto da tradición para ser enterrada no seu solemne panteón familiar de Señorín, cemiterio carballiñés que é como unha nave de pedra que emproa cara ao solpor.

Alí por onde pasou María Teresa Miras non deixou indiferenza, creou amigos e admiración, estimulou paixón en moitas profesións e querenzas nos eidos das ciencias da bioquímica.

Entre tantas mucetas, bonetes, medallas, diplomas de centros de investigación recibidos será sobranceira esta  medalla concedida por un seu Carballiño, a que non viu en vida, colectividade  de veciños que fixo o que debía.

Pola parte que me toca e cun inmenso respecto, agarimo,  mesmo irmandade que teño a esa casa amiga, agradecemos á vida ter coñecido a María Teresa Miras, humilde, mirando para diante, sen esquecer o atrás, os pasos dados, aos amigos, traballadora, sabía como a que máis e ante todo unha peza imprescindible e referente nun tempo e nunha terra, o noso tempo e o noso Carballiño. Non viría mal tampouco que un centro de estudos ou unha rúa lembrase este nome: María Teresa Miras Portugal, científica (Carballiño 1948- Madrid 2022). Nin que, nalgún recuncho da sección de Estudos Carballiñeses que a Biblioteca Municipal debería acoller, se reunise o maior número de información e publicacións de esta carballiñesa, ao cabo do tempo non terían prezo.


—————————————————————————————————

Traxectoria e obras de Felipe Senén

—————————————————————————————————

Outros artigos de Felipe Senén:

Felipe Senén: Carlos A. Rodriguez e a súa novela sobre o galego “rei dos xíbaros”

Felipe Senén: “Xesús Carballido. Esoutra arte ou poética de argallar, pegar ou coser memoria”

Felipe Senén: “o Casino do Carballiño , a súa Festa da Mimosa e algo máis”

Felipe Senén: “Contos, medos, amuletos e santuarios das xentes do camiño”

Felipe Senén: “Felipe Senén: “A Rosa, a flor de Flores””

Felipe Senén: “A nobreza e os pazos dos arredores do Carballiño”

Felipe Senén: “O pasado e a base da Biblioteca Municipal do Carballiño”

Felipe Senén: “O profesor Xaime Ferreiro Alemparte: un universo literario entre Cabanelas e Alemaña”

Avelino Cachafeiro, o gaiteiro de Soutelo nas lembranzas do Carballiño

A devoción aos santos Martiños, celebrados con Magostos en Galiza

Felipe Senén: “O Tempo de Defuntos no pétreo barco do Cemiterio de Señorín “

Felipe Senén:”as decimonónicas fábricas de papel das terras do Arenteiro”

Felipe Senén: ” Algunhas lembranzas arredor da miña Eira de Flores “

Felipe Senén: ” O CARBALLIÑO, CAPITAL MUNDIAL DO PULPO”

Felipe Senén: “o pulpo, Aurora Baranda e o Carballiño, unha santa trindade galega”

Felipe Senén: “de monte de Mesego a cidade xardín e Parque do Carballiño”

Felipe Senén: Lalín, o Carballiño e o ir e vir do pintor “Laxeiro”

Felipe Senén: “Xoán Xacobe Fernández, o franciscano de Moire e mártir en Damasco”

Felipe Senén: “As Adegas, un idílico e misterioso lugar no ribeiriño do rio Varón”

Felipe Senén: “O profesor de debuxo, os carteis e as iniciativas de Felipe-Luis López”

Felipe Senén: ” O gran fotógrafo Alberto Martí e o Carballiño

Felipe Senén: “A Pena de Queiras entre os outeiros, “ou altares” que coroan o Carballiño “

Felipe Senén: “Veremundo Arias Teixeiro, de Cabanelas, persoeiro barroco nos anos da Ilustración”

Felipe Senén: “Flores, o barrio da parte de atrás do Concello”

Felipe Senén: “A saga familiar do arquitecto Gallego Jorreto e o Carballiño”

Felipe Senén: “Arredor das pontes sobre os ríos do Carballiño”

Felipe Senén: A fervenza artificial do Arenteiro nas Tres Penas

A Praza de Abastos: catedral do mercado gastronómico e que, de vello, honra ao Carballiño

Pregóns, aturuxos, voces, músicas ou asubíos do meu Carballiño

O bulir da feira do Carballiño arredor do sitio da súa orixe: a Praza Maior e a Igrexa Vella

O Campo da feira do meu Carballiño

A peregrinación a Compostela dos de “Nós”, con parada e fonda no Carballiño

Vicente Risco e a peregrinación como ascese. A viaxe a pé de Ourense a Compostela…polo Carballiño

Fariña Jamardo, algo máis que singular secretario do concello do Carballiño

O Carballiño nos horizontes da Trasalba de Otero Pedrayo

O Río Arenteiro, vea de auga, de economía, de historia e cultura

Francisco Luís Bernárdez, o poeta masidao que levaba prendido o panteísmo galego

O Castro de San Cibrao das Las enxergando as bocarribeiras e os ribeiros

Chamoso Lamas e os vellos e grandes muíños de Moldes

O Románico, documento da misión humanista no territorio do Carballiño

Banga dos pazos e a súa Igrexa de Santa Baia: antoloxía cultural dos Ribeiros

Inspiradores ires e vires de Marineda á Vilamorta no Ribeiro dos Quiroga

Os arrieiros do Carballiño…e un curioso documento

Un paseo a través da arte do imperial Mosteiro de Oseira

O mosteiro de Oseira… lección de historia e arte

Manuel Chamoso Lamas e a xestión do Patrimonio Cultural

Cando a orixinalidade radica nas orixes: arredor da feira do Carballiño

Outros apuntamentos para a historia do cine no Carballiño

A Residencia do Carballiño: os promotores, o arquitecto, os residentes…

O monumento aos irmans Prieto do Carballiño e o seu escultor Larrauri

Arqueoloxía do Megalitismo nas Terras do Carballiño: as mámoas, medorras, medelas…

As pantasmas do histórico “Gran Balneario do Carballiño”

Arredor do paleolítico nas terras do Carballiño, as pescudas…

O mes de maio no Carballiño…. “aqueles días azuis e este sol da infancia”

Ramón Bernárdez González, un carballiñés na “Cova Céltica” e fundador da Academia Galega

A Igrexa Vella do Carballiño coa súa gabanciosa torre

O desaparecido chalé “Col” e a lembranza da emigración carballiñesa a Cuba

O biscoito “meimón” do Carballiño e a súa receita recollida pola Pardo Bazán

Aquelas Semanas Santas carballiñesas, de ramos, carracas, caladiños e Pascua Florida

Arqueoloxía pendente: a das grandes minas auríferas de Loureiro, no Irixo

Unha abraiante xoia da arqueoloxía: a arrecada de ouro do Irixo

Memorias da Coresma

As tradicións do Entroido do Carballiño

A Casa Consistorial do Carballiño, prototipo de inquedanzas decimonónicas

A novas revisións máis “ CASTROS” nas terras do Carballiño

O Catálogo dos Castros do Carballiño do 1930… e máis que hai

Lembranzas do Nadal de noutrora no Carballiño

Os esquecidos cantos de Nadal, Aninovo e Reis do meu Carballiño

O reloxo da Consistorial do Carballiño e o seu xenial autor

A Veracruz do Carballiño: lección de pedras, arte dos canteiros e da historia da arquitectura

Pepe Prada, un premio á creatividade, á constancia e á dignidade na cultura

A devoción aos santos Martiños, celebrados con Magostos en Galiza

Mes de santos, defuntos e magostos no Carballiño de noutronte

A Fonte de Flores, abrindo ao Carballiño

Un exemplo de destrución cultural : a Igrexa de San Paio de Loeda, Piñor de Cea

A parroquia de Loureiro, no Irixo, e o arquitecto neoclásico Loys Monteagudo

Lembranzas de pintura mural no Carballiño

Machados de “tope” da Idade do Bronce atopados no Monte de Mesego

A imaxe do San Cibrao do Carballiño e o seu escultor, Aldrey

As augas e as fontes do Carballiño

Vestixios de habitat e sepulturas da Primeira Idade dos Metais no Parque do Carballiño

Noticia sobre restos romanos no patio traseiro do Grupo Escolar do Carballiño

O pintor de Marín Manuel Torres no Carballiño

E así naceu “o Cantigueiro de Orcellón” de Manuel María e algo máis…

Manuel María, o Carballiño, as bocarribeiras e os ribeiros

A madeira nas máis antigas construcións do Carballiño

Pasado e tristeiro presente da Estación de Ferrocarril do Carballiño

O sitio arqueolóxico da Pena dos Namorados

O Castro de Cameixa referente na arqueoloxía galega

Terra, Auga, Aire e Lume no San Xoán de antes

Historias e lendas arredor do Puzo do Lago, Maside

Apuntamentos arqueolóxicos sobre as terras do Carballiño