Os bombeiros do Carballiño reclaman que se cubran as baixas para as quendas de garda

Os bombeiros do parque do Carballiño-Ribeiro alertan da situación que se ven repetindo durante varios días: non teñen persoal para cubrir os servizos mínimos durante as gardas, a pesar de informar das baixas con antelación ó Consorcio, que segundo afirman, non emitiu resposta algunha. Nos últimos días, no Carballiño e noutras zonas apareceron pancartas nas que informan do “abandono” que aseguran estar sufrindo.

O colectivo amósase unido ante esta reclamación, que non é outra que a de que se cumpran os mínimos de persoal

AVANTAR ACTIVIDADES

As consecuencias desta falla de persoal afectan directamente á seguridade cidadá, e máis nunha época na que comezan as altas temperaturas e as vagas de lumes ás que estamos acostumados en Ourense.