O Carballiño: A Praza Maior nos anos 60. Comercios e profesionales

Serán posibles as publicacións sobre o Carballiño dos anos 60, porque Santiago Cacho Rodríguez accede a darnos o consentimento para utilizar o seu blog:

O CARBALLIÑO, CALLEJERO AÑOS 60 (asruasdocarballino.blogspot.com)

AVANTAR ACTIVIDADES

Con este blog, Cacho tratou de lembrar e homenaxear aos comerciantes e profesionais que, coas súas respectivas actividades, contribuíron a manter viva a vila, na época da existencia da última rondalla da vila carballiñesa, e do grupo de música pop – rock “Los Poker”

Esta imaxe ten o atributo alt baleiro; o seu nome de arquivo é Santiago-Cacho-callejero-2.jpg

Este grupo de mozos, moitos deles alumnos de Don Juan Corral, amenizaron os entroidos dos anos sesenta cos seus desfiles e actuacións durante tres anos. 

A crónica da curta existencia de ambas formacións queda contida no blog:

https://pulpopokers.blogspot.com/2019/08/lospoker.html

Os documentos escritos que Cacho inclúe no seu blog “Carballiño. Callejero años 60” proceden da prensa da época (Faro de Vigo e La Región), da revista “Ambiente” e, sobre todo, das actas de xuntas municipais e plenos e dos programas de festas de San Cibrao.

A maioría dos antigos documentos gráficos empregados no citado blog proceden da publicación de Miguel Anxo Fernández: “Vellas Historias Vellas Fotografías 1870 – 1970” (1992). Tamén se utilizaron fotos do álbum de Xosé Manoel Rodríguez González (Pichi): “O Carballiño 1869-1979 Álbum Fotográfico da Vila do Arenteiro” (2010), de José Luis Diz: “Xentes do Carballiño 1890 – 1990” (2016) , de “Potiños”: “O Carballiño, Industria e Comercio – 1925-1995″ (2019), cuxa selección e recopilación fotográfica foi feita por José Luis Diz Rodríguez e Manuel Blanco Guerra ” Celta “, e algunha achega de Moncho Fuentes.

A parte das fotografías propias do redactor, importante foi a achega de fotografías dos familiares dos comerciantes e profesionais citados.

BADAL NOVAS

Da grazas por poder dispor do dito blog e publicalo no noso medio, traducindo ao galego as notas e comentarios que aparecen en castelán no blog orixinal, completando ca nosa propia información sobre os profesionais e comerciantes e engadindo as novas fotos que achegaron os seus familiares. Agradecemos as fotos de MONCHO FUENTES e, sobre todo, as aportadas polo profesor do IES Nº1 JUAN VALCÁRCEL OBELLEIRO e o grupo de alumnos do curso 1991-92 ( Jaime Pérez, Patricia Paniagua, Mª José Vázquez, Encarna Rodríguez e Susana Rey ) que cursando a asignatura de Deseño fixeron un traballo sobre o urbanismo do Carballiño.


COMERCIOS, EDIFICACIÓNS, PROFESIONAIS…

Do mesmo xeito que as rúas, a Praza Maior foi obxecto das vicisitudes políticas. Desde finais do século XIX, levou o nome de ELDUAYEN, marqués do Pazo de la Merced; en 1931, pasou a ser a Plaza de la República; en 1937, tomou o nome de Generalísimo Franco.

A Praza Maior é, en xeral, o lugar máis céntrico e principal do centro urbano, un espazo aberto que permite o contacto e a comunicación entre os cidadáns.

En Moitos casos, na Praza Maior coinciden o poder político, a Casa do concello, e o relixioso, a Igrexa parroquial.

A Praza Maior cumpre unha gran cantidade de funcións urbanas e é o escenario para todo tipo de celebracións e festexos, profanos e relixiosos.

1     AYUNTAMIENTO-CASA DO CONCELLO

A Casa do concello data de 1862.

Na planta nobre, atopábanse o salón de actos, o despacho do señor alcalde, as oficinas e o xulgado de paz.

Entre outros servizos, nos anos 60, a biblioteca municipal, moi concorrida entón, achábase na planta baixa, ocupando boa parte do espazo destinado na actualidade polas dependencias da policía local.

O escudo de Castela e León do balcón principal lembra o que colocaron funcionarios do Goberno central en 1901 con motivo da solemne declaración do tratamento de Excelentísimo Concello outorgado pola raíña rexente María Cristina.

O segundo piso do edificio construíuse en 1994.

De conformidade co establecido na orde publicada na Gaceta de Madrid do 14 de xuño de 1932 na que se estipula que todos os municipios deben crear unha biblioteca pública, a Corporación de Carballiño, no pleno do 28 de xuño de 1932, decide asignar un local adecuado para tal fin.


2     BAZAR Y RELOJERÍA  “BARRANCOS”

Este establecemento tiña a súa entrada pola rúa Aldara


3     BAR – FONDA MOUCHO

O dono do edificio e do Bar Moucho era Jesús Garriga Cavo, casado con Visitación Paz Lorenzo. Visitación era unha boa cociñeira, polo que moita xente hospedábase na súa fonda.

Anteriormente, neses locais, estivo instalado a hospedaxe de “A Rogelia”, antes de trasladar o seu negocio á Praza dos Irmáns Prieto.

O matrimonio Garriga – Paz tivo tres fillos. A maior, María Luisa, “Marisa” emigrou a Venezuela e estableceuse logo en Pontevedra.

Marisa Garriga Paz con un nieto

Dos dous homes, Jesús e Ramón, ningún deles proseguiu co negocio dos seus pais. Na época da nosa cónica, Jesús, “Suso”, estaba empregado na xestoría Lex.

Baja fiscal de rótulo denegada. 1958

O vello edificio desaparece en 1964.

Permiso de derribo. 1964

Constrúese o novo edificio segundo permiso municipal.

Permiso concedido en 1963.
Permiso para hacer un pozo. 1964
Célula habitabilidad. 1965

Permiso para aceras. 1965

4     PELUQUERÍA  “MALAVÍ”

O Barbeiro, BERNARDO PEREIRA, da familia de “Os Malaví”, era irmán de Camilo “O Chupete” e de Fidel “O Rocha” ( Peñasco).

Revista Ambiente, 1953

Persoalmente lembro esa barbaría, sobre todo, porque sendo pequeno, durante as festas de setembro, a miña nai e eu refuxiabámonos debaixo do balcón do edificio para ver sen problemas os fogos artificiais da Praza.


5     GESTORÍA ASPILCHE

Don MARTÍN ASPILCHE JUSTO era un dos xestores de referencia de entón.

Dos seus tres fillos, Martín, Milagros e Víctor, era este último o máis popular no pobo, debido ao seu particular carácter e a súa afección ao fútbol, polo que se lle coñeceu sempre familiarmente polo seu alcume.


ESTANCO ESPÍRITUSANTO

Este estanco xestionábano JUAN CARBALLO ESPÍRITUSANTO e a súa esposa CONCHITA PAZO ÁLVAREZ, quen o herdou do seu pai.

Revista Ambiente, 1956

O pai de Juan, pola súa banda, tiña unha granxa avícola na estrada de Irixo.

Juan Carballo

Os corresponsales de prensa, o señor Pedrouzo neste caso, consideraban entón que era insuficiente o número de estancos no Carballiño e que estaban mal abastecidos .

Faro de Vigo, junio 1960

BARBERIA PACO FERNÁNDEZ

FRANCISCO FERNÁNDEZ era fillo de Juanita, unha de “ As Marías”, irmás costureiras que vivían na Carreira.

Permiso para modificar fachada. Junio 1966

 Francisco estaba casado con Mari Carmen Godoy Rodríguez.

Permiso para escaparate. Agosto 1966

CAMISERÍA GODOY

O fillo de Francisco, JOSÉ FERNÁNDEZ GODOY, moi afeccionado ao fútbol, estivo a traballar algún tempo na tenda de tecidos de Hipólito ” Fariñas”.

Cando se xubilou o seu pai en 1966, Godoy abririó no devandito local a sua camisería.

Godoy con el equipo del Arenteiro.
Godoy na súa época de arbitro

6     CONFECCIONES PACO

Permiso de reforma.
Permiso para toldo

7     TEJIDOS LARODRY

Da asociación de Benigno Lage Neira e Camilo Rodríguez naceu Tecidos Larodry.

Revista Ambiente, 1953

Benigno estaba casado Mucha Tesouro, dos Tesouro do comercio de tecidos. Camilo estábao con Carmen Calvo, irmá de Rosa, a esposa de José Antonio do Royal.

Faro de Vigo, septiembre 1961

Foi un dos comercios de máis empaquetado do Carballiño da época, entre outras razóns, porque ambos eran persoas comprometidas social e culturalmente.

Fiesta de la”Mimosa” en el Casino

Camilo foi tamén alcalde do pobo.

Miros : empregado e último xestor do ” Larodry “

7 RELOJERÍA CAMBESES

Dos irmáns Pérez Cambeses, eran as irmás Pilar e Alicia as que se ocupaban desta pequena tenda de artigos de xoiería.

Revista Ambiente 1963
Las hermanas Pérez Cambeses, Pilar y Alicia, con la mujer de su hermano Antonio, Teresa.

Dos reloxos, ocupábase Antonio, cuxa tenda se atopaba na rúa Mosquera. Outro irmán, José, estaba empregado na farmacia de Santamaría, casado coa súa irmá Bernardina.


8     CAMISERÍA, PAQUETERÍA CELTA

Na súa orixe, o comercio de tecidos e mercería da Praza Maior montárono tres socios, quedándose finalmente co negocio Manuel Blanco Quintela.

Revista Ambiente, 1954

Como galeguista que participou na creación da revista NOS, Manuel Blanco púxolle ao seu comercio o nome de CELTA, para lembrar as orixes do pobo galego

En el centro, Marina Cores, empleada del Celta, con su primo Manolo Cores.

Ao construír a súa vivenda na rúa Calvo Sotelo, Blanco ampliou o negocio, abrindo no baixo un local con saldos.

Por último, o matrimonio Blanco-Guerra reuniu todas as tendas na rúa José Antonio, utilizando como almacén un local na Alameda.

Doña Jesusa Reinoso de Mateos y sus cuatro hijas: Ange, Matuca, Agus y Jesu.

Ademais do negocio, Blanco Quintela participou activamente na vida social e, en especial, na creación do actual Casino.


9     BANCO PASTOR

Tiña a entrada polo número 1 de T. Mª Mosquera.


10   CONFITERÍA “LAS JULIANAS”

O edificio construído en 1862, era propiedade de Manuel Valeiras Alba, casado con Florentina Pereira Mosquera, coñecidos como “Os Cachapego”, emparentados con “Os Bacalao Seco” (Manuel e Florentina eran sogros de Evaristo Calvo Gómez, o “Bacalao Seco” orixinario).

Nun principio As Julianas tiñan o obrador no número 4, onde se instalaría posteriormente a barbaría “ Malaví”. Ao emparentar con “Os Cachapego”, trasladaron o negocio a esta casa.


AGRADECEMENTOS

En memoria dos membros da rondalla e do grupo de música “Los Poker” que faleceron e en nome dos vivos, a maioría con domicilio fóra das Terras do Orcellón, Cacho agradece a BADAL NOVAS a súa iniciativa para dar a coñecer a curta aventura daqueles mozos que viviron no Carballiño nos anos sesenta e lembrar aos seus coetáneos.

Santiago Cacho e Manuel Amil

BADAL NOVAS únese tamén ao agradecemento de Cacho por aqueles que coas súas publicacións de álbumes fotográficos facilitaron a redacción do seu blog e do que nos ocupa:

Pola nosa banda, BADAL NOVAS agradece as fotos e informacións achegadas polos familiares dos concidadáns citados no blog, os documentos gráficos facilitados por MONCHO FUENTES

Moncho Fuentes

e, sobre todo, os achegados polo traballo escolar sobre Carballiño, dirixido polo profesor JUAN VALCÁRCEL OBELLEIRO.

Grupo de Diseño ( 3º BUP Medición e Urbanismo ) do IES Nº1 . Profesor Juan Valcarcel



Se alguien quere colaborar con fotos ou documentos para enriquecer esta publicación, asi como correxir posibles erros pode facelo a través do mail info@badalnovas.com


Manuel Amil Otero. Decembro de 2022