O delegado da Xunta en Ourense participa na presentación da 3ª Xurés Bike Tour

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, participou esta mañá co Presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, na presentación da terceira edición da ‘Xurés Bike Tour’, que se desenvolverá os días 17 e 18 de xuño nos concellos do sur de Ourense como Muíños, Bande e Lobios e cruzará a fronteira ata o norte de Portugal.

Gabriel Alén destacou diante dos diferentes representantes municipais que a proba permitirá que centos de ciclistas amosen ao mundo as potencialidades deportivas de Ourense nunha contorna incomparable como é o parque natural Baixa Limia-Serra do Xurés. A aposta por Ourense é a aposta por Galicia -significou Gabriel Alén- , xa que a provincia concentra e resume o mellor da comunidade. “Deporte e turismo van da man e cada vez son máis os turistas que buscan unha oferta diferenciada vencellada coas actividades ao aire libre”, e subliñou que os eventos deportivos e a oferta turística de Ourense coinciden coa aposta polo turismo de calidade que tan bos resultados están a dar en Galicia.

AVANTAR ACTIVIDADES