Catro citas de partinaxe nun mes no Carballiño da man do Club Aehde

Trofeo Terras de Orcellón de show, II Fase de Niveis do 1 ao 4, Copa Galega de show e Gala de fin de curso das escolas, cita a desenvolverse entre o domingo e o vindeiro 10 de xullo

Ao pavillón Paco Chao do Carballiño agárdalle un mes cargado de patinaxe artística baixo a organización do Club Aehde O Carballiño. O calendario empeza o domingo día 18 ca celebración da terceira edición do trofeo Terras de Orcellón de grups show que contará ca participación de once clubs de Galicia e Asturias e 174 patinadoras e patinadores en total. A competición será avaliada por xuices da FGP.

AVANTAR ACTIVIDADES

Na fin de semana do 24 e 25 de xuño terá lugar a segunda Fase de Niveis do 1 ao 4 en xornada  de maña a tarde o sábado e o domingo con equipos de todo o sur de Galicia en con máis de 250 patinadores en pista. Nesas datas tamén terá lugar a Gala de fin de curso da escola de patinaxe do Club Aehde.

A traca final será al Copa Galega de show, con equipos de categoría nacional e promocional de toda Galicia divididos en seis categorías e que encherá de patinadoras O Carballiño os días 9 e 10 de xullo, xa que a previsión sitúase no medio millar de participantes. É a segunda vez nos últimos tres anos que a Federación Galega de Patinaxe entrega a organización dunha das citas senlleiras a temporada de show en Galicia ao club carballiñés.