Un marabilloso entorno será o escenario da novena edición da Experiencia Gastronómica Singular que é a Ruta dos Fornos, o vindeiro 1 de xullo.
Dende hoxe, a organización da Festa do Pan de Cea puxo á venta os tickets para participar nela, nos locais de hostalaría do municipio.
O número de entradas son limitadas, polo que recomendan adquirilas canto antes. Do mesmos xeito, tamén estarán xa as entradas para o Xantar Organizado da XXX Festa de Exaltación do Pan de Cea, que será o 2 de xullo.