No concello de Piñor: Convocatoria para a contratación laboral temporal dun/a xefe/a de brigada e de catro peóns/peonas forestais

A Alcaldía, mediante a Resolución do día 13 de xuño de 2023,
aprobou as bases ás que se axustará o concurso- oposición para
seleccionar e contratar 5 persoas para a brigada de prevención
e defensa contra incendios (un/unha xefe/a de brigada e catro
peóns/peoas) por un período de 3 meses.
Os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudes no
Rexistro do Concello, de 9.00 a 14.00 horas, durante o prazo de
5 días hábiles seguintes ao da publicación do presente anuncio
no Boletín Oficial da Provincia.
As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases,
que se atopan a disposición do público no Concello e na súa
sede electrónica (https://pinor.sedelectronica.gal)