A conselleira de Medio Ambiente visita Pena Corneira, un dos oito Monumentos Naturais de Galicia

A vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, visitou hoxe o Monumento Natural de Pena Corneira, un dos oito monumentos naturais de Galicia. Estivo acompañada do alcalde de Leiro, Francisco Fernández; o de Avión, Antonio Montero, e o de Carballeda de Avia, Luis Milia.
Neste, e nos outros sete, a Xunta quere que este 2023 haxa un Plan de Xestión para o seu aproveitamento. Así, anunciou que ata o día 10 de xullo está aberta a participación pública para que tanto particulares, coma concellos e universidades presenten as súas pretensións de uso a futuro destes espazos.
Comezarán por unha delimitación do espazo e estudar as actividades que se poden realizar. Para este proceso abren unha canle de diálogo cos propietarios particulares destas zonas en todo momento.