En Boborás: Convocatoria para a contratación laboral temporal dun/a xefe/a de brigada, un peón/a condutor/a e tres peóns/as

A Alcaldía, mediante a Resolución do día 21 de xuño de 2023,
aprobou as bases polas que se rexerá o concurso-oposición para
seleccionar e contratar temporalmente a cinco persoas para a
brigada de prevención e defensa contra incendios (un/unha
xefe/a de brigada, un peón/peoa condutor/a e tres
peóns/peoas) por un período de tres meses.
As persoas interesadas poderán presentar as súas solicitudes
no Rexistro do Concello, de 9:00 a 14:00 h, ou por calquera dos
medios admitidos en dereito, durante o prazo de 5 días hábiles
contados dende o seguinte ao da publicación deste anuncio no
BOP.
As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases,
que se atopan a disposición do público nas oficinas municipais,
na sede electrónica do Concello (boboras.sedelectronica.es) así
como na páxina web (www.boboras.gal).