O Campionato Galego de Rallyes chega ao ecuador no Rallye Sur do Condado

O Campionato Galego de Rallyes chega ao seu ecuador esta fin de semana coa celebración da XIX edición do Rallye Sur do Condado. A proba, cun percorrido de 12 tramos cronometrados que se disputarán na súa totalidade na xornada do sábado 8 de xullo, é unha das máis longas do certame e estará marcada novamente pola climatoloxía.

Víctor Senra e David Vázquez chegan como líderes destacados do campionato á carreira pontevedresa logo de vencer nas catro primeiras paradas. Aos mandos do Citroën C3 WRC, o equipo coruñés procurará o quinto triunfo da tempada e deixar así case sentenciado o título.

AVANTAR ACTIVIDADES

Como alternativas, Alberto Meira e Avelino Martínez; Jorge Pérez e Miriam Vera, que nesta proba estrean un Hyundai I20 R5; Javier Ramos e José Pintor cun Volkswagen Polo R5 ou a longa lista de vehículos da categoría N5, cun amplo abano de protagonistas.

Precisamente nesa lista de favoritos estarán os dous equipos becados pola FGA, os formados por Alexis Vieitez e Cristian Álvarez e Marcos Maceiras e Sergio Iglesias, ambos aos mandos dun Nissan Micra N5.

Ademáis, a Clio Trophy Galicia fará a súa segunda parada neste ano de debut con catro equipos inscritos. Como non, tamén estarán presentes as distintas fórmulas de promoción como as Top Ten Pirelli Driver Autia (A,B e C); a Gara N5; a Pirelli AMF e o Volante FGA (coa Promoción Xoven Piloto).

Como entrante nesta edición do Rallye Sur do Condado haberá unha cerimonia de saída as 21:00 horas do venres 7 de xullo na Praza do Concello de Salvaterra de Miño.

Xa na xornada do sábado, os 12 treitos cronometrados con inicio as 8:50 horas da mañá e chegada do primeiro participante a Salvaterra de Miño as 22:54 horas da noite.

Itinerario Horario Rallye Sur do Condado 2023


VENRES 7 DE XULLO
21:00 // Cerimonia de Saida

SABADO 8 DE XULLO
08:50 // TC1 – Transportes Augusto
09:38 // TC2 – Pixeralia
10:27 // TC3 – Pais Automoción

12:52 // TC4- Transportes Augusto
13:40 // TC5 – Pixeralia
14:59 // TC6 – Pais Automoción 17:45 // TC7- Sumelga
18:18 // TC8 – Electricidad Condado
19:26 // TC9 – Talleres Sermiño

20:57// TC10- Sumelga
21:30 // TC11 – Electricidad Condado
22:23 // TC12 – Talleres Sermiño

22:54 // Cerimonia Fin de Rallye