Muimenta, en Carballeda de Avia, foi o elixido polo goberno de España como exemplo dentro do proxecto Revital da Unión Europa

Tras o cume hispano-portugués ( celebrado en marzo ), ambos países asumiron o compromiso conxunto de impulsar e executar proxectos de revitalización e innovación territorial en pequenos asentamentos e pobos. O ourensán de Muimenta, en Carballeda de Avia, foi o elixido polo goberno de España como exemplo dentro do proxecto Revital da Unión Europa, que busca este cambio.

O alcalde de Carballeda de Avia participou nun encontro entre ambos os países xa que a aldea modelo de Muimenta éun exemplo de recuperación das aldeas do rural para España e Portugal

AVANTAR ACTIVIDADES
O Alcalde de Carballeda de Avia Luis Milia na súa exposición
Luis Milia co presidente cámara Penha García, e co ministro luso de Medioambiente

O alcalde, Luís Milia, foi o encargado de presentar o proxecto de David Chipperfield na aldea modelo, nun encontro no Geopark Naturtejo (Portugal), no que tamén estivo presente Teresa Ribeira, ministra para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico.

Con Teresa Ribeira, ministra para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico.

Milia sinalou que o proxecto que se está levando a cabo en Muimenta susténtase nas aldeas modelo impulsadas pola Xunta, poñendo en evidencia a necesidade de colaboración entre as diferentes administracións para poder poñer en marcha os proxectos.

O alcalde de Carballeda de Avia falou da alianza coa Fundación RIA, impulsada por Chipperfield, mediante a cal se traza un plan de diversos niveis, co obxectivo de reactivar esta zona. O alcalde sinalou que o proxecto de Muimenta é un instrumento de recuperación da terra agraria que se focaliza en retos como o envellecemento da poboación, o abandono das terras e a prevención de incendios.

Participantes no encontro

Durante o encontro presentáronse un total de doce proxectos. Dez deles eran de Portugal e representando a España estaba, ademais de Luís Milia, Jaime Izquierdo, comisionado para o Reto Demográfico en Asturias, que presentou o plan Aldeas.0.

O encontro contou coa presenza de Duarte Cordeiro, ministro de Medio Ambiente e Acción Climática, de Portugal e Ana Abrunhosa, de Cohesión Territorial.

Con Ana Abrunhosa, de Cohesión Territorial.