Manuel Trevín imponse na oitava edición do slalom de Moeche

Manuel Trevín, aos mandos do seu habitual BMW, foi o vencedor da oitava edición do Slalom de Moeche, cuarta proba puntuable para o Campionato Galego da modalidade que se celebrou o sábado 15 de xullo na localidade coruñesa.

Trevín, cun tempo de 2:03,248 que realizou na segunda manga oficial, consegui facerse co triunfo nesta proba (a segunda da tempada) por diante de Iván Picallo, que marcou o mellor crono inicialmente nesta manga definitiva, pero ao que unha penalización lle relegou ao segundo posto (2:03,350). Picallo si gañou o Trofeo Escudería Moeche.

AVANTAR ACTIVIDADES

O terceiro escalón do podio en Moeche foi para Daniel Lamas, que aos mandos do Citroën Saxo quedouse a algo máis de dous segundos do gañador da proba.

Completaron os cinco primeiros clasificados Pablo Castro e Aarón Rodríguez, nun Citroën Ax e un Peugeot 106 Rallye, respectivamente.

Francisco López foi o primeiro clasificado dentro da modalidade de debutantes e iniciación, María José Chao na feminina e Antonio Amor na de históricos.

A seguinte proba do Campionato Galego de Slalom levará aos equipos a competir en Sarria o próximo 12 de agosto.