Garabás preparará 750 quilos de carne nunha nova edición da ‘Festa do Chuletón’

O campo de San Pantaleón da parroquia de Garabás, no municipio de Maside, acolle hoxe día 25 a ‘Festa do Chuletón’, que chega a súa 23ª edición da man dunha comisión de veciños. Dende a organización prevése a preparación á brasa dun total de 1.000 chuletóns de 750 gramos, que serán distribuídos aos asistentes. O prezo do menú, que inclúe patacas e pementos fritidos, pan e bebidas, mantense no mesmo prezo de 22 euros do ano pasado, e comezará a servirse a partires das 13,30 horas. O xantar estará emenizado polo dúo Marathon.