O ‘rally Pazo Tizón’ arrincou onte e os pilotos afrontan a xornada

As estradas dos municipios de Amoeiro, O Irixo, Cea, Boborás, Cenlle, Maside e O Carballiño son o escenario da segunda edición do Rallye “Pazo Tizón-Comarca do Carballiño”, que comezou na mañá de hoxe coas verificacións administrativas e técnicas, antes de encarar, ó mediodía, un adestramento na zona da Saleta e, xa pola tarde, unha proba cronometrada na antiga estrada de Pontevedra. Iste evento, que organiza a escudería JLB Motorsport coa colaboración do Concello do Carballiño e o patrocinio de diversas entidades comerciais, terá a súa xornada central mañá, sábado, dende as 8,20 horas, co percorrido polos tramos Cenlle-San Amaro, O Irixo-Boborás, Cea, Leiro e Amoeiro.

Os pilotos destacan a complicación dalguns tramos, aínda que se amosan ilusionados á hora de afrontar esta competición.

AVANTAR ACTIVIDADES

A concelleira de Deportes, Silvia Baranda, destacou a repercusión do rally na economía local.