A FESTA DA ISTORIA deste ano terá lugar os días 25 e 26 de agosto.

  1. O gañador do cartel que será a imaxe da festa deste ano 2023 é Diego Gil Hernando de Burgos.
  2. Como novidade este ano previo a festa o sábado 19, teremos un Scape Room no Castelo de Ribadavia, “A prisión dos sarmientos” haberá tres pases ás 11h, 18h e 20h, cada pase terá unha duración de 1h e 30 minutos, a entrada é gratutia ata completar aforo, serán grupos de entre 8 e 10 persoas, para partircipar será previa inscrición no correo omix.ribadavia@gmail.com.
  3. Nestes momentos tamén está aberto o prazo para participar no Xantar Medieval,

Este ano o Xantar Medieval lévase a cabo dentro da Igrexa da Madalena, no mesmo centro do casco histórico. O número de persoas que poden participar é de noventa e seis e o prezo por persoa é de 45 Marabedís (45 euros), podendo gozar de produtos medievais nun ámbito único decorado e engalanado para a ocasión.

AVANTAR ACTIVIDADES

O Xantar será ás 14:30 do sábado 26 de agosto.

MENU:

Empanada de Carne ó estilo Xelmírez
Empanada de Zamburiñas.
Empanada de Xoubas ó estilo Xelmírez
Táboa de Selección de Queixos (do país)
Polbo do Mosteiro de Oseira á Feira
Cabrito ó xeito da Istoria
Viños Tinto e Branco Ribeiro da Istoria
Auga da Fonte da Prata
Froitas da Estío
Torta de Castaña do forno do Conde
Torta de Améndoa do forno do Conde
Melindres e Amendoados do forno das Nisas
Aguardente de Herbas
Licor Café
Café de Pota

O menú do xantar poderá sufrir algunha modificación segundo mercado.
Imprescindible asistir vestido de época

O Xantar estára ambientado por:
Grupos de Música
Grupos de animación
Exhibición de Cetrería…

RESERVAS E MAIS INFORMACIÓN: yoly@festadaistoria.com

Antes de facer o ingreso contacte con nós

4. . Tamèn destacar a Festa da Istoria ten recoñecido o Interés Turístico Nacional, e este ano temos todo preparados para conseguir o Interés Turístico Internacional, levamos traballando un par de anos nelo e esperamos podelo conseguir xa que cremos que este pode ser o momento pois para o ano cumprese o 35ª aniversario e a festa ten máis que demostrado que perdura no tempo e ten un atractivo moi grande, ademáis de festivo tamén cutural e turístico. Todos os anos Ribadavia enchese de maxia medieval na última fin de semana de agosto.