A directiva do C.D. Arenteiro anuncia melloras en Espiñedo

O presidente do C.D. Arenteiro, Argimiro Marnotes, compareceu hoxe para informar dos avances que se están levando a cabo no campo de Espiñedo. Entre eles, a adaptación dunha nova sala de prensa, reforma dos baños, mellora da fachada ou máis iluminación. Seguen a bo ritmo as negociacións e obras para a instalación dunha nova grada supletoria. A pesar destes “parches”, Marnotes asegura que dende o concello se está a traballar nun novo Espiñedo a futuro. Tamén anunciou que na vindeira asamblea de socios porán sobre a mesa a creación dunha Sociedade Anónima Deportiva.

Pola súa banda, o director deportivo Alex Vázquez, fixo un repaso de como quedou o plantel logo de pechar o mercado de fichaxes, con 12 renovacións e outras 12 incorporacións, conseguindo un equipo cuberto para toda a tempada.

AVANTAR ACTIVIDADES