A subida a Taboada prepara o seu retorno ao calendario

A Subida a Taboada avanza con paso firme para ser a proba que peche o Campionato Galego de Montaña en 2023 os días 5 e 6 de novembro. Na tardiña do luns 4 de setembro, o presidente da Federación Galega de Automobilismo, Antonio Rodríguez Troitiño, reuniuse co concelleiro de Deportes da localidade, Manuel Diéguez, e os máximos responsables da Escudería Taboada para continuar cos preparativos dunha cita que retorna ao calendario autonómico logo de 17 anos de ausencia.

No encontro falouse de distintos aspectos que deberá cumplir a proba, coma distintas ubicacións para os traballos previos e durante a carreira, así como a revisión do trazado, que neste 2023 será exactamente igual que na última edición, celebrada na tempada 2006.

AVANTAR ACTIVIDADES

Despois desta productiva reunión todas as partes mostraron a súa ledicia por recuperar unha carreira importante no calendario autonómico e que agardan teña continuidade nas vindeiras tempadas deportivas galegas.