O novo local de O’Potiños acolle nove exposicións do Arenteiro Fotográfico

Un outubro máis deu comezo o evento por excelencia da Asociación Fotográfica O’Potiños: o Arenteiro Fotográfico. O pasado sábado daban o pistoletazo de saída abrindo as portas dun novo local de exposicións situado na rúa Evaristo Vaamonde, que alberga unha gran parte do total de 17 mostras, tanto colectivas coma individuais.

Neste mes de outubro poderemos desfrutar de nove exposicións, que se complementarán con outro tipo de actividades. Mentres que as restantes rotarán para o mes de novembro, no que tamén contaremos cun taller impartido pola fotógrafa Ariadna Silva.

AVANTAR ACTIVIDADES