Luis Menor reforza a cooperación da Deputación coa UNED en Ourense

Reunión Luis Menor (Presidenta da Deputación de Ourense) con Jesús Manuel García Díaz e Concepción Álvarez Gómez (Director e secretaria da UNED en Ourense, respectivamente.

O director de UNED Ourense, Jesús Manuel García Díaz, e a secretaria do centro universitario, María Concepción Álvarez Gómez, foron recibidos polo presidente da Deputación Provincial de Ourense e do Consorcio de UNED Ourense, Luis Menor Pérez, no Pazo Provincial. Tratouse dunha visita institucional de cortesía ao estrearse Menor Pérez en ambos cargos. O director transmitiulle o agradecemento renovado de UNED Ourense polo apoio firme que a Deputación mantén desde hai 31 anos para que a UNED poida seguir desenvolvendo a súa importante actividade nesta provincia.  

Luis Menor prestou moita atención aos datos que tanto García Díaz como Álvarez Gómez déronlle acerca da realidade de UNED Ourense, unha Universidade non descoñecida para o presidente da Deputación ourensá, pois se licenciou nela en Dereito e aínda ten en marcha outro grao. Menor destacou o traballo que realiza a UNED na provincia, “un centro universitario que non só é referente para Ourense, senón que supón un motivo de orgullo polo servizo beneficioso que lle presta a centos de ourensáns que deciden manter os seus estudios na nosa provincia”.   

AVANTAR ACTIVIDADES

O presidente da Deputación tamén se congratulou do desenvolvemento do proxecto UNED Sénior, clases para cidadáns maiores de 55 anos, que se imparten no Centro Cultural Marcos Valcárcel dúas tardes cada semana.  

A reunión terminou repasando detalles para o acto solemne de inauguración do curso de UNED Ourense, que terá lugar nos primeiros días de novembro.