O PSOE do Concello de Ourense lamenta a improvisación continua no peche das termas de Outariz

O grupo municipal socialista do Concello de Ourense lamenta a improvisación continua e o deslexo ao que o Executivo de Jácome somete un dos bens naturais e turísticos más prezados da cidade e a súa contorna. “A desorde resulta evidente xunto coa complicidade do Partido Popular que non foi quen de interpelar nin unha soa vez aos concelleiros do alcalde sobre cuestións relacionadas coa xestión termal”, criticou o edil José Ángel Vázquez Barquero tralas xuntas de área que tiveron lugar esta mañá.

Todo despois de coñecerse, por outra banda, que a empresa xestora das termas públicas de Outariz renunciaba onte a continuar cos labores que desenvolvía e rescindía o contrato dos empregados que vixiaban o recinto. Para as e os socialistas isto non é máis que “a crónica dun colapso anunciado” ante unha piscina das Burgas cuxas obras e reapertura van con retraso, una rehabilitación do Tinteiro que eliminou os pediluvios e deixou unha fonte que bota auga morna e unas termas públicas que antes de saberse o peche anunciado hoxe xa funcionaban a medio gas.

AVANTAR ACTIVIDADES

Vázquez Barquero afirmou que, mentres a oposición realizou máis de 60 preguntas nas xuntas de área –para exercer a súa función natural de control– o Goberno de Jácome fixo ‘mutis por el foro’. “Consúmase o caos na capital termal de Galicia e a anarquía campa as súas anchas”, rematou desexando que o anuncio do rexedor de reabrir o espazo esta mesma semana chegue a bo término e non sexa outra máis das centos de promesas incumpridas por Democacia Orensana.