Sheila Barbeito do restaurante Roots da Coruña gaña o II Campionato de Tapas e Pinchos de Galicia celebrado en Ourense

A cociñeira Sheila Barbeito do restaurante Roots da Coruña gañou o II Campionato de Tapas e Pinchos de Galicia que durante dous días reuniu en Ourense a corenta cociñeiros galegos que competiron polos primeiros postos deste certame. O deputado delegado de Turismo, Rosendo Fernández, participou hoxe en Casal de Armán, en Ribadavia, na entrega de premios onde afirmou que esta edición destacou pola “súa calidade, variedade e diversidade das corenta pequenas creacións gastronómicas que demostraron o talentoso traballo e esforza dos hostaleiros galegos que apostaron nas súas propostas polos produtos locais”. 

A segunda mellor tapa de Galicia foi para o cociñeiro Rubén González de “El Cafetín”, en Pontevedra, mentres que o terceiro galardón quedou na provincia de Ourense co chef Paco Gómez do restaurante “A Feira”. 

AVANTAR ACTIVIDADES

Así mesmo, a organización do Campionato premiou a diversidade das propostas gastronómicas presentadas polos cociñeiros outorgando dez recoñecementos especiais. Neste sentido, o presidente do xurado, Daniel del Toro sinalou que “viron propostas moi interesantes, orixinais de gran calidade e técnica, que dan boa conta da riqueza gastronómica de Galicia, por iso decidimos todo o xurado outorgar unha mención especial para o Restaurante Kero, de Vigo. 

O premio Galicia Calidade, que recoñece o bo uso dos produtos certificados da marca de alimentos galegos, foi para La Zapatería del Abuelo situado en Ourense. A tapa máis innovadora de Galicia é, segundo o xurado, a creación de Judicael Romero do Vioncas Bake de Vigo. 

Continuando cos recoñecementos especiais, o premio á tapa maridaxe con cervexa foi para o Restaurante Baceló ubicado en Ferrol; o premio á tapa sostible foi para Gerson Iglesias do restaurante Erva no Hotel OCA de Allariz; o premio á tapa máis tradicional foi para Samuel Moreno do restaurantes O Campanario situado en Nogueira de Ramuín; a tapa máis bonita de Galicia é “Da cepeira ó folecho” creación de Martín Fernández de Bágoa Gastrobar en Ourense; o premio á tapa maridaxe con viño blanco foi para Antón Castro de Casa Gaibor ubicado en Guitiriz; e á mellor maridaxe con viño tinto recaeu en La Estación de Lomán en Ourense; por último, Óscar Galandum de Taberna Bardancas ubicada en Cariño recibiu o premio á participación activa en redes sociais.