O Centro de Estudos Chamoso Lamas conmemora o bicentenario do nacemento de Tomás María Mosquera

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O próximo 10 de novembro cúmprense douscentos anos do nacemento de Tomás María Mosquera García (A Torre-Castrelo de Cea, 10 de novembro de 1823-Madrid, 30 de abril de 1890), avogado e político afiliado ao Partido Liberal, que foi deputado, senador, vicepresidente do Senado, ministro de Ultramar e Fomento, e a quen a corporación municipal carballiñesa lle dedicou no ano 1890, tras a súa morte, unha céntrica rúa da vila, a chamada ata entón “Do Comercio” que pasou a denominarse “De Mosquera”.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Coincidindo con esta efeméride, o Centro de Estudios Chamoso Lamas, en colaboración co concello do Carballiño, promove a celebración dunha mesa redonda sobre a biografía e relevancia deste persoeiro en cuxa traxectoria política destaca a elaboración do proxecto de abolición da escravitude nas posesións españolas en Ultramar, así como o impulso da chegada do ferrocarril a Galicia.

O acto, que será aberto ao público e no que intervirán os historiadores do centro de estudios Xosé Luis Sobrado e Carlos Montes, así como o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, terá lugar no salón de plenos do concello o venres 10 de novembro, ás 20,30 h.