O xogador do Arenteiro Alex Fernández elexido mellor xogador da pasada tempada no Grupo I da 2ª Federación

O luns 6 de novembro, ás 18:30 horas da tarde, celebrarase no Real Casino de Madrid (C/ Alcalá, 15, 28014 – Madrid), a gala de entrega dos Premios AFE na súa segunda edición.

Premios outorgados polos e as futbolistas mediante votación, AFE pretende con esta gala distinguir aos e as mellores da tempada 22-23. Nesta segunda edición, en relación á primeira, tamén se premiará aos máximos goleadores/as (Premio Quini e Premio Natalia Pablos) e porteiros/as menos goleados/as (Premio Arconada e Premio Carmen Arce ‘Kubalita’) das categorías non profesionais do fútbol nacional.

AVANTAR ACTIVIDADES

Na categoria correspondente aos premiados de 2ª Federación no Grupo I o premio recae en Alexandre Fernández Barreiros ( Alex ) do C.D. Arenteiro.