Tempo de Magostos

Manuel Herminio Iglesias


As datas  sinaladas, e dentro delas as festas, marcan  sempre o camiñar pola vida da maioría dos seres humanos. Si no decorrer do ano non houbera datas festivas  estou seguro que  teríamos moitas desazóns e incluso sería todo moi aburrido. Ademais perderíamos moitas referencias que, o fin e o fallo, traen lembranzas de todo tipo. Son,  polo tanto os Magostos,   unhas festas  socializadores que marcan a nosa vida. Pois, no fondo, todos buscamos a felicidade. E non é que as festiviadades a traian  completa,  preo algo  sempre axudan.

AVANTAR ACTIVIDADES

Non hai moitos anos, sobor de todo cada parroquia ou aldea tiñan o seu ciclo festivo.  As novas formas de vida, a regularización da vida laboral pasou de traballar unicamente a terra a facelo nunha empresa, e xunto o despoboamento do rural acabaron con moitas desas celebracións.  Mais hai festas, maiormente as  de certa raigame, que por  estaren   xeralmete pegadas a un feito relixioso ou a  un padroeiro,   van máis alá do ámeto da parroquia e mesmo da provincia, e siguen vivas,  e aínda hoxe son un referente socializador moi importante. Ese pode ser o caso da festa  dos Magostos. Polo que  os Magostos,  son a xustificación pra  xuntaza de amigos e das pequenas comunidades que  no outono reviven lembranzas; e nesas reunions  cantan e bailan con moita frecuencia. Son  polo tanto estas pequenas festas un referente que une a todas as capas sociais da sociedade galega. Pois estou seguro que non hai aldea, e dentro dela grupos de xente, con  diversas razóns de afinidades, que no magosto non se xunte  arredor dunha fogueira pra comer as castañas, probar o viño e os chourizos. E desa actividade socializadora nacen relacións de todo tipo. Nacen amizades e tamén amorios xunto con  outro tipo de negocios e  complicidades. As  sociedades sempre camiñaron coa práctica socializadora e as relacións humanas.

Mais é na nosa provincia, Ourense, onde esta festa ten unha raigame moi especial. Ten un sentido incluso identitario pois,  baixo o nome dun padroeiro  como é San Martiño, colle forza ensalzando  a castaña que sae dos castiñeiros que viven neses  soutos tan xenerosos desta terra e que mesturada coa proba do viño novo, ou sexa,  o da colleita do ano, animan e moito un tempo no que a luz escasea, pois os días son máis pequenos.

Moitos foron os poetas, pintores  e músicos que louvaron os magostos e o viño novo. E nese senso lembro a Manuel de Dios poeta e músico ourensán e o  canto que  lle adicou ó viño novo. Quero sentir o calor do viño novo, do viño novo que ferve no lagar…

Pois ben, con todos os problemas do momento, que non son poucos; con todos os atrancos e asuntos que marcan a nosa existencia; con todas as guerras e barbaridades que nelas hai e que día a día  saen á luz, estamos no tempo dos magostos. Estamos nun tempo de troula  no que o outono anuncia a chegada doutra estación e doutras datas moi importantes que sinalan o camiñar pola vida.  E como somos aniamais sociais e racionais, precisamos practicar a convivencia e a socialización. Precisamos a festa, pero non esa, na que milleiros de xente xeralmente moza,  baila cegada polas luces e un son ensordecedor; que brinca  como se fosen zombis escoitando unha música que abouxa. Non,  ise non é o modelo. O modelo do magosto é outro moi diferente. É o do grupo de amigos, familiares e veciños que saen ó campo en pandilla e alí, arredor dunha fogueira, tecen amizades  e forxan soños. Pois  a nosa vida sen metas e soños parece que non ten sentido algún. E da socialización magosteira sempre saen cousas positivas.


Outros artigos de Manuel Herminio Iglesias

Coidado cos salvapatrias

Descoñecen o que berran e chantean?

Achegarse á España real

Lavándolle a faciana a extrema dereita

A Resaca Electoral

O puzle ourensán

Música de calidade

As licencias dos quen mandan

Pacto cós ourensás

Moita enerxía sen rentabilidade

Xente sinxela

Os que pasan á historia

A Aposta Galeguista

Fun cantando

Nin Música nin Letra

Un home feito de cartos

Tempo de lecer e refexión.

As leiras a ermo

A longa sombra da corrupción

Erro Histórico

Llegó la mami….

Un crego de parroquia

Ourense: Sen obxectivos nin proxectos

e Ourense, existe?

O Nadal da Saudade

Unha area no zapato

Serrat e os cantautores

As incertezas na aldea global

Ourense, por riba das ideoloxías

O importante é a pasta

Sos Ourense!!!

Ourense cara un ermo cultural

Vandalismo, botellóns e desleixo

Na procura da felicidade

Dúas maneiras de actuar na política

Tinte galeguista

Abrindo un novo camiño

Lembrades a democracia organica?

Actuar en manada

Os refráns na política

As miserias na política

De xeonllos e pedindo perdón

Culturetas de ….

Arroutadas