Asociación Novo Rural avanza en iniciativas, para o desenvolvemento sostible no rural de Ourense, mobilidade e termalismo, son a clave.

–  Este pasado xoves,  ás 9  da noite,  a  Ca s a  B r u e s  en Boborás  foi  o escenario da última reunión da  As o ci a ci ó n N ovo   R u ra l, onde se deu paso a un importante avance na promoción do desenvolvemento rural sostible na provincia de Ourense.

O  encontro reuniu  a membros fundadores e novos socios, consolidando a visión  de fortalecer  os  lazos  comunitarios  e promover ideas  innovadoras que  impulsen   o   progreso  nas  zonas  rurais.   Entre  os   temas  centrais debatidos,  destacaron a mobilidade sostible e eficiente como eixo fundamental  para o  desenvolvemento  equitativo  das áreas rurais, para un maior aproveitamento da chegada do AVE á provincia.

AVANTAR ACTIVIDADES

A atención  tamén se dirixiu ao coidado e xestión axeitada da provincia de Ourense como destino  termal,  recoñecendo o  seu enorme potencial para atraer turismo  sostible.  Neste contexto,  a preocupación  pola  xestión  dos fondos   do GDR   12   Carballiño   Ribeiro   foi   un punto de interese  crucial durante a reunión.

Ademais, é notable a iniciativa promovida pola Xunta de Galicia, que impulsará  un novo plan  cunha dotación  de 1,5 millóns de euros. Este plan ten como obxectivo atraer un turismo sostible aos 21 concellos do Ribeiro e do Carballiño,  representando un paso significativo  cara á diversificación económica  e ao crecemento sostible  nas zonas rurais  da provincia,  ainda que en Novo Rural,  preocupa que se comece a casa polo  tellado,  de que sirve   por  exemplo,   “implantar   medidas   de realidade   aumentada  para coñecer a tradición  enogastronómica  do territorio”  (medida  que está no Plan  de sustentabilidade  turística)  se os  visitantes  non teñen forma  de chegar ós nosos negocios, ou a fibra óptica non chega a tódolos concellos.

A Asociación  Novo Rural  reafirma o seu compromiso co desenvolvemento responsable, a preservación do patrimonio natural e cultural, así como coa promoción   dun turismo   sostible   que beneficie   tanto  ás comunidades

locais como aos visitantes. Continuará traballando en colaboración con entidades e institucións pertinentes para levar adiante estas accións e promover o  crecemento harmonioso do rural galego. Galicia é o futuro do turismo, como eixo vertebrador do rural.