O grupo municipal socialista solicita que todos os convites que chegan a alcaldía e protocolo para trasladar á corporación se envíen á oposición en tempo e forma

Sorprendentemente, moitas das invitacións dos veciños e veciñas ou entidades sociais, especialmente dos pasados magostos, non chegaron a nós e descoñecemos os motivos”, sinala a edil Alba Iglesias

Non é a primeira práctica criticada ata a saciedade que o rexedor copia ao seu antecesor no cargo”, advirte sobre un proceder que Jácome criticaba de Jesús Vázquez cando el formaba parte da iposición

AVANTAR ACTIVIDADES

Ourense, 26 de novembro de 2023. O grupo municipal socialista reclamou a relación de todos os convites recibidos por alcaldía e protocolo do Concello de Ourense dende o inicio do mandato nos que se especificou expresamente que se fixeran extensivos ao resto da corporación “e polo tanto, ao resto de grupos da oposición, en tempo e forma”, tal e como explica a edil do PSdeG Alba Iglesias.

Nesta liña, xa se rexistrou a solicitude para ter coñecemento de todas as invitacións que se realizaron a través de correo electrónico, correo postal ou calquera outro medio de envío nos últimos meses.

“Sorprendentemente, moitas das invitacións dos veciños e veciñas ou entidades sociais, especialmente dos pasados magostos, non chegaron a nós e descoñecemos os motivos”, sinala a socialista e aproveita tamén para desculpar públicamente a ausencia de representantes do grupo nalgúns actos e celebracións dos que non se trasladou información.

“Lembrámoslle a Jácome que hai 8 anos esixía a máxima prioridade neste asunto a Jesús Vázquez, exactamente o mesmo que nós. E non é a primeira práctica criticada ata a saciedade que o rexedor copia ao seu antecesor no cargo”, advirte. E remata engadindo que cando era el o que non recibía os convites cualificaba esta ocultación de información como “grave”.