A Reportaxe: Video ca XII gala da entrega dos premios Arenteira

A gala que tuvo lugar no Auditorio Manuel María foi un éxito de asistencia de público xa que o Auditorio estaba case cheo por completo

Nesta edición número XII foi un ano máis un dos actos culturales de Carballiño de referencia. Na gala vivironse momentos moi emotivos, sobre todo cando Manolo Bernardez Presidente do grupo Cer-Ber entregou o premio a superación a Míguel Fernández

AVANTAR ACTIVIDADES

Parabéns ao organizador que é o ApartHotel Arenteiro

O responsable do ApartHotel, Uriel Bernárdez, agradeceu a colaboración do concello do Carballiño por ceder o espazo do auditorio para celebración do acto de entrega destes premios.

O presidente do xurado, Xosé Luis Sobrado, explicou os motivos para esta escolla. Na modalidade de Cultura e Investigación, o premiado foi o Cine Club Carballiño. Consideran a súa longa traxectoria e fructífera no mundo do cine por preto de medio século. Destacan a súa creación das Xociviga, facendo do Carballiño a capital do cine galego. A pesar dos problemas que sofren as asociacións ao longo do tempo, saíron adiante e continúan coa súa programación.

Na modalidade de Deportes, o premiado é o Club Aehde Patinaxe. É unha entidade relativamente recente pero chea de actividade. Valoran tanto os éxitos acadados nos últimos anos como a proxección formativa con persoas mozas e adultas que atopan neste club o seu acomodo e realzación persoal e deportiva.

título póstumo, a Arenteira premia a Rosa Núñez, falecida en xaneiro deste ano. Foi unha das grandes dinamizadoras da cultura do Carballiño. Paraticipou na nacente asociación Avantar, presidenta da Asociación de Artesáns do Carballiño, colaboradora do Festival do Teatro Galego, promotora da Festa da Pepa Loba e da Feira de Artesanía. Valedora e coñecedora como poucas do traxe tradicional galego e da súa proxección e confección.

Por segundo ano entregando o premio de Superación Persoal, recaeu en Miguel Fernández, alumno do CPI Terras de Maside. Tense en conta no seu caso a súa dedicación e entrega nos estudos pese a grave enfermidade que padece dende o ano 2021. Lonxe de renderse, mantivo sempre unha actitude positiva, asistindo a clase cando a enfermidade llo permitía e valéndose da teledocencia.