A Deputación destina 150.000 euros a melloras no campo de fútbol do C.D. Arenteiro

Reunión da Xunta de Goberno da Deputación Ourense. Asisiten Luis Menor Pérez (Presidente Deputación); Marta Nóvoa Iglesias (VicePresidenta 1ª); César Fernández Gil (VicePresidente 2º); Placido Álvarez Dobaño (VicePresidente 3º); Rosendo Fernández; Jorge Pumar Tesouro (Deputado PPOU); Manuel Seoane Rodríguez (Deputado PPOU); Patricia Torres Madureira (Deputado PPOU); María Teresa Barge Bello (Deputada PPOU); Mónica Legaspi (Interventora Deputación Ourense); Adamantino Barreiro García (Vicesecretario da Deputación de Ourense).

A Xunta de Goberno vén de aprobar na súa sesión ordinaria desta mañá un total de 669.196,89 euros en axudas destinadas a municipios, entidades e  mancomunidades. Deste xeito, as mancomunidades de Verín, Ourense, Carballiño e Celanova percibirán 50.000 euros cada unha para gastos de funcionamentos correspondentes a 2023. 

No apartado de achegas a concellos, o de Taboadela percibirá 124.932,21 euros para a reforma da Casa Reitoral para convertela en Casa da Cultura, completando así a a axuda total de 450.000 euros que comprometera a Deputación para esta fin. O Concello de A Bola percibirá 15.000 euros para o funcionamento do transporte público municipal. Pola súa banda, o Concello de Carballeda de Valdeorras percibirá 9.648,68 euros para campamento de verán, así como 32.000 euros para traballos medioambientais. O Concello de Piñor recibirá 40.000 euros para o programa municipal medioambiental deste ano, así como 14.000 euros para o “Rally Mix”. O Concello de Cartelle obterá 5.890 euros para o III Torneo Internacional de Fútbol Sala Feminino e o Concello de Parada de Sil recibirá 5.226 euros para aluguer de aparcadoiro. 

AVANTAR ACTIVIDADES

No tocante ás entidades deportivas, o Club Deportivo Arenteiro recibirá unha axuda de 150.000 euros para melloras no seu campo de fútbol. O Pabellón Ourense Club de Fútbol obterá 33.000 euros para gastos de funcionamento da presente tempada. No que respecta á Federación Galega de Baloncesto, será de 5.500 euros a axuda aportada pola Deputación para xuntanza preminibásket. O apartado deportivo complétao Grupo Cuevas Nogueira Trail Clube Deportivo, que percibe 4.000 euros para o VII Trail Ribeira Sacra 2023.  

Respecto a outras entidades, a Asociación Escola Rural de Saúde da Limia percibirá 15.000 euros para gastos de funcionamento, correspondentes a 2023. Pola súa banda, a Fundación Ferias y Exposiciones de Ourense (Expourense), percibirá senllas achegas, de 12.000 euros para o Salón do Vehículo Clásico 2023 e 3.000 euros para a Xornada de Enerxías 2023.