Fin de festa baixo a choiva coa supercopa fga de karting en As Pontes

A tempada 2023 de Karting pechou a súa actividade esta fin de semana coa celebración da primeira edición da Supercopa FGA, que reuniu a nada menos que 63 equipos a pesar da forte choiva caida durante toda a fin de semana no circuito de As Pontes.

Tres xornadas de competición e convivencia relacionado co mundo do karting que deixaron momentos de grande emoción e carreiras apaixoantes, aderezadas polo deslizante da pista e polo alto nivel dos participantes presentes.

AVANTAR ACTIVIDADES

Na competición da categoría mini, o triunfo foi para Kevin Fernández, seguido de Jorge Núñez e Jaime Teijeiro, que a súa vez foron primeiro e segundo na categoría mini novel, con Daniel López completando o podio dos debutantes.

Aroa Fernández foi a primeira clasificada dentro da categoría rookie, sempre igualada e con momentos de máxima emoción, con Bruno Álvarez e Nicolás Fernández coma segundo e terceiro clasificado, respectivamente.

Na categoría júnior, o triunfo nesta derradeira cita da tempada foi para Brais García, seguida de Dani García e Pablo Molinos.

Entre os participantes da categoría sénior, Lucas Merlán foi o mellor da xornada. A continuación situouse Marco Fernández e o terceiro posto foi para Alejandro Fernández.

Por último dentro da competición KZ, primeira posición final para Guillermo Carrera (1º na categoría KZ2), seguido de José Antonio “Cohete” Suárez e de Borja Gómez. Completaron os cinco primeiros lugares da clasificación David Abal e Manuel Jesús Souto. Yeray González, na sexta posición, foi o primeiro clasificado en KZ.

Con esta carreira o karting galego despídese ata o ano 2024, no que continuará a traballar para facer medrar o automobilismo autonómico.