O concello aproba as ordenanzas fiscais para o ano 2024

A corporación do concello do Carballiño aprobou de xeito definitivo as ordenanzas fiscais para o ano 2024. No pleno de hoxe resolvéronse as alegacións presentadas polo BNG e Esco. O servizo da auga subirá un 10% impulsado pola suba do IPC e tamén a taxa do lixo, as demais quedarán conxeladas. Os grupos amosáronse discrepantes con diversos puntos.

O BNG contou co apoio unánime para incentivar o comercio local e de proximidade, anunciando unha mesa de traballo do comercio que se reunirá no mes de xaneiro para establecer plans de acción.

AVANTAR ACTIVIDADES

A formación de Espazo Común recibe o apoio unánime para pedir á Xunta de Galicia un centro de día público para O Carballiño. Tamén se conseguiu a unanimidade para redactar un plan de urbanización e mobilidade urbana. O Partido Popular recibiu tamén o apoio unánime para unirse á rede española de cidades saudables.