Comunicado da Plataforma Veciñal de afectados polo poligono agrario forestal de Prado de Miño

OS VECIÑOS E AS VECIÑAS DE PRADO DE MIÑO REXEITAN DE FORMA UNÁNIME CALQUERA ACTUACIÓN ENCAMIÑADA Á POSTA EN MARCHA DO POLÍGONO AGROFORESTAL DE INICIATIVA PÚBLICA DE PRADO DE MIÑO

A veciñanza, agrupada nunha plataforma, anuncia que xa presentou un total de 160 escritos de 160 propietarios , e non 8 ou 9 escritos , como afirmou e en sede parlamentaria a directora xeral da axencia  de desenrolo rural ,Inés Santè , na comisión de agricultura celebrada o dia 12 de decembro,  e séguense a  presentar ante a consellería de Medio Rural  , para amosar a súa oposición  frontal e total á aprobación do desenvolvemento do polígono, xa que tal e como indican “non queremos adherirnos de xeito voluntario, nin ceder de xeito voluntario parcelas da nosa propiedade para o devandito polígono”

AVANTAR ACTIVIDADES

Exíxenlle ao conselleiro de Medio Rural a “paralización” do proxecto e que acuda a este núcleo de poboación a “dar conta dos cambios feitos no proxecto e aclarar tódalas dúbidas xurdidas a raíz delo, así como a dar todas as explicacións que considere oportunas”

Prado, 12 de decembro de 2023. Os veciños e as veciñas de Prado, en Castrelo de Miño, rexeitan de forma unánime calquera actuación encamiñada á posta en marcha do polígono agroforestal de iniciativa pública de Prado de Miño. A veciñanza, agrupada nunha plataforma, anuncia que presentou 160 escritos de 160 propietarios – e non 8 ou

9, como afirmou e en sede parlamentaria a directora xeral da axencia de desenrolo rural Inés Santè , na comisión de agricultura celebrada o dia 12 de decembro, ante a consellería de Medio Rural para amosar a súa oposición á aprobación do desenvolvemento do polígono, xa que tal e como indican “non queremos adherirnos de xeito voluntario, nin ceder de xeito voluntario parcelas da nosa   propiedade para o devandito polígono”.

Os veciños e veciñas de Prado explican que o 13 de agosto de 2022 celebrouse unha reunión informativa na que estivo presente o conselleiro de Medio Rural, José González; e o alcalde de Castrelo de Miño, Avelino Pazos. Na mesma explicouse o proxecto para crear un polígono agroforestal nos montes de Prado de Miño e o conselleiro sinalou que a superficie sería de 52 hectáreas. “Ao remate da reunión o conselleiro explicou que a finais de 2022 manterían unha nova reunión coa veciñanza e os propietarios para analizar novos avances”, explican dende a plataforma veciñal, dende a que tamén apuntan que “non tivemos ningunha nova máis do tema, nin se convocou ningunha reunión máis, nin se levaron a cabo traballos para proceder a catastrar os montes, como se comprometera o conselleiro na reunión do mes de agosto”.

A sorpresa chegou no DOG do 16 de maio de 2023 cando se publicou o acordo do presidente da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural polo que se inicia o procedemento de aprobación para o desenvolvemento do polígono agroforestal de iniciativa pública de Prado de Miño. Tal e como apuntan dende a plataforma veciñal “neste anuncio indícase que os veciños manifestaron o seu interese na iniciativa do polígono agroforestal, afirmación que ao noso modo de ver é inexacta”.

A esta situación sumouse que nesta mesma publicación do DOG refléxase a delimitación do perímetro, que tal e como sinalan os veciños e as veciñas “non coincide en absoluto co presentado na reunión”, xa que tal e como relatan “na publicación amplíase a idea orixinal de superficie, pasando das 52 hectáreas orixinais  160”. Tras non contar co respaldo veciñal, o 10 de xullo de 2023 a consellería de Medio Rural publica no DOG o decreto polo que se declara de utilidade pública e interese social ao polígono agroforestal de Prado de Miño.

Dende a plataforma veciñal de Prado apuntan a que o 13 de outubro deste mesmo ano, publícase un bando municipal no que se fai saber que “dentro das actuacións da posta en marcha e desenvolvemento dun polígono agroforestal en Prado, nos vindeiros días realizanse traballos de información aos veciños, así como recollida de documentación para a investigación”. Pois ben, a empresa Servicat preséntase en prado e entrega á veciñanza un documento cunhas condicións e cláusulas, coa que tal e como afirma á veciñanza “non estamos en absoluto de acordo” en concreto a cláusula que reza “4. De ser o caso , a entrada do pesoal sinalado no apartado 1 para a realización de tarefas de acondicionamiento das devantidas paracelas que correra o cargo da  administración ,  renunciando expresamente a  cualquier tipo de reclamación ao obxecto desta autorización . Se a persoa titular do predio adherido ao proxecto solicita a sua retirada antes da súa posta en marcha , deberá asumir os gastos ocasionados realizadas no predio”, que non soupo, ou non quixo explicar as consecuencias a directora xeral, porque seica non teñen expediente feito . Ante esta situación, o 21 de outubro celébrase unha asemblea veciñal, na que “se rexeita calquera actuación encamiñada á posta en marcha do citado polígono”.

Dadas as circunstancias, dende a plataforma veciñal de Prado exíxenlle ao conselleiro de Medio Rural a “paralización” do proxecto e que acuda a este núcleo de poboación a “dar conta dos cambios feitos no proxecto e aclarar tódalas dúbidas xurdidas a raíz delo, así como a dar todas as explicacións que considere oportunas”. A veciñanza xa anuncia que se mobilizará contra unha situación que considera “un auténtico atropelo” e seguirá a presentar escritos, e realizará as  accións necesarias para paralizar a posta en marcha do polígono.