Luis Menor felicita ao Concello de Xinzo por recuperar o Premio de Xornalismo Carlos Casares “e manter viva así a memoria dun ilustre veciño e gran contador de historias”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O presidente provincial tamén enxalzou a figura do galardoado nesta edición: “Antonio Piñeiro, coas súas crónicas, dá sentido ao premio que hoxe recibe, porque o seu labor encaixa á perfección nese espírito de xornalismo literario de Carlos Casares que honramos” 

Xinzo de Limia, 22 de decembro de 2023.-O Casino Antelano de Xinzo de Limia acolleu esta noitiña a entrega do Premio de Xornalismo Literario Carlos Casares, que recaeu no xornalista Antonio Piñeiro. O presidente da Deputación, que asistiu a este acto, quixo felicitar ao Concello de Xinzo por recuperar este galardón “que recoñece o traballo daqueles xornalistas que, sen renunciar a un estilo propio, seguen as liñas mestras dun escritor que fixo gala sempre dun especial talento para comunicarse, de xeito fácil, sinxelo, moi claro, con espazo para as duras historias, pero tamén con moito humor. Parabéns alcalde, e tamén equipo de goberno, por celebrar a edición 2023 do Premio de Xornalismo Literario Carlos Casares e manter viva así a memoria dun ilustre veciño e gran contador de historias”, expresou Luis Menor. 

O presidente provincial tamén recoñeu a figura do galardoado: “Antonio Piñeiro, coas súas crónicas, dá sentido ao premio que hoxe recibe, porque o seu labor encaixa á perfección nese espírito de xornalismo literario de Carlos Casares que honramos”, abundando tamén en que “nas súas crónicas, Piñeiro optou por recuperar para a nosa memoria historias de ourensáns que apenas coñecemos, ou directamente dos que nin temos noticia, pero que non obstante eran merecentes da nosa atención por algún feito nas súas vidas”.