A igrexa parroquial de Avión acolle un belén artesanal con todo detalle

Entre as luces de Nadal, Papá Noel e outras moitas tradicións xa arraigadas, nestas datas aínda quedan afeccionados ao mundo dos beléns. No concello de Avión, o seu tenente alcalde e cirurxián de profesión é un apaixonado dende que era un neno á elaboración dos nacementos. Na súa casa, cada ano reina un, e este ano ademais todos os que queiran poden desfrutar do seu inxenio grazas á creación que ten exposta na igrexa parroquial.

Como poden ver nas imaxes, non lle falta detalle, e todo feito coas súas destras mans. Durante oito meses estivo traballando nesta creación, que non deixa a ninguén indiferente. Elementos como o pelspán, xeso ou pinturas feitas de xeito natural son a súa base. Nel podemos ver a expresión das dúas correntes belenistas: a hebrea e a napolitana.

AVANTAR ACTIVIDADES