Adrián Vázquez e Melisa Lorenzo saltarán ao nacional co apoio da federación galega de automobilismo

O equipo vencedor da primeira edición do Criterium Galicia Recalvi / Beca 24, formado por Adrián Vázquez e Melisa Lorenzo, darán un importante salto na súa carreira deportiva o participar na tempada 2024 na primeira edición da Copa i20 N Rallye co apoio da Federación Galega de Automobilismo e os seus patrocinadores persoais.

Adrián e Melisa, que o pasado curso foron unha das revelacións aos mandos do Peugeot 107, participarán neste novo formato promocional nacional dentro do Supercampionato de España de Rallyes.

AVANTAR ACTIVIDADES

O vehículo para este formato é o Hyundai i20 N Rallye e o certame está reservado para pilotos de menos de 26 anos sen palmarés de relevancia.

Desta forma, o xoven equipo galego convertirase no primeiro que da o salto a un certame nacional co apoio da nova xunta directiva da FGA que dirixe Antonio Rodríguez Troitiño, que comprendeu dende un primeiro momento a importancia de proxectar novos talentos do automobilismo autonómico fora dos limites da comunidade.

Nos próximos días a FGA anunciará novos equipos becados para a tempada 2024 e que estarán presentes tanto en rallyes, como autocross e montaña.