O secretario xeral do PSdeG, Valentín Formoso, mantivo unha reunión de traballo no Barco de Valdeorras

O secretario xeral do PSdeG, Valentín Formoso, mantivo este martes unha reunión de traballo no Barco de Valdeorras dende a cal destacou a aposta de Besteiro e o PSdeG por multiplicar a inversión en servizos públicos e en infraestruturas para “reequilibrar a Galicia interior”

Formoso expuxo a necesidade de mellorar os servizos públicos na comarca, en concreto unha mermada sanidade pública que sufriu recortes de nos servizos que se dan no Hospital Comarcal. Para elo, apuntou a que “o PSdeG preséntase coa idea de que o Eixo Atlántico coopere en intentar equilibrar e axude a mellorar as posibilidade do eixo interior de Galicia , Lugo e Ourense necesitan que multipliquemos as inversións non financeiras da Xunta de Galicia, para mellorar os servizos públicos como a sanidade”.

AVANTAR ACTIVIDADES

Así mesmo, chamou a potenciar a inversión en infraestruturas “para desenvolver as potencialidades desta terra”. “Se a esta terra se lle axuda, esta terra axudará a Galicia”, remarcou. “Temos que darlle ferramentas para defenderse, infraestruturas, boas conexións e servizos públicos de calidade. Ademais, de chan industrial para albergar as iniciativas emprendedoras dunha terra que de por si o é historicamente”, expuxo o secretario xeral do PSdeG.

Formoso puxo en valor que afrontan estas eleccións “cunha mensaxe claro a esta terra de optimismo de ilusión, porque outra provincia de Ourense é posible, pero todo pasa por poñer todos os esforzos de Galicia en reequilibrar o eixo interior de Galicia que vai ser unha obsesión para o PSdeG e para Besteiro, unha liña estratéxica do seu discurso e do seu programa”, concluíu.

Na reunión, ademais de Formoso, participaron Carmen R. Dacosta, nº 1 pola provincia de Ourense, o candidato natural do Barco, así como o tamén candidato, Xurxo Doval, o alcalde do Barco, así como o secretario provincial e senador, Rafael R. Villarino, e varios alcaldes e cargos do partido na comarca.