Catorce medallas no Capionato Galego de Kick Boxing para os sete mozos do ximnasio Madokoan

O ximnasio Madokoan do Carballiño, dentro da súa escola de artes marciais, participou a pasada fin de semana no Campionato Galego de Kick Boxing, unha antesala dos preseleccionados para o campionato nacional. Para Claudio Mateo, o seu director, foi todo un éxito o acadado nesta competición e amosouse moi satisfeito da disciplina dos seus rapaces. 

Para os sete mozos e mozas participantes foi unha gran experiencia, da que destacan o compañeirismo do grupo, e tamén os resultados obtidos despois de moito traballo e disciplina diarias. 

AVANTAR ACTIVIDADES

Algúns deles estreábanse neste campionato, para o que foron moitos os nervios que tamén os acompañaban. Outros, xa son veteranos e levan practicando este deporte desde que son moi pequenos. O que comparten en común e o desexo de seguir neste deporte unha vez o proban.