Unha cantiga sin alma

Manuel Herminio Iglesias


Zorra parece que será a representante de España no vindeiro festival de Eurovisión. Pasados os anos,  e vendo o que a día de hoxe acontece na elección da cantiga pra ise  festival, a conclusión que se pode sacar,  é que a música que sae á luz pode clasificarse de música clinex,  pois soamente vale pra o consumo, e pasado un tempo vai  ó  caldeiro do  lixo que é o esquecemento. Se buscamos comparacións co que  acontecía unha xeneración atrás,  para elexir a cantiga representativa desta España  nese evento musical, partíase doutros parámetros. Polo que o texto e a música tiñanse máis en cosideración.   A conclusión é que co avance das chamadas novas tecnoloxías impúxose un modelo de elección  no que a calidade artística decaeu  e con ela as cantigas  que nese festival queren  concursar. Pois  a música e a calidade dos textos pasaron a seren ocupados por unha escenografía que convirte toda  a escena nun espectáculo de cabaret no que as luces, o son gravado e o artificio  sustituen á calidade artística.

AVANTAR ACTIVIDADES

Moitos foron os éxitos que Eurovisión lanzou no mundo da música. Algúns aínda siguen a sonar. Moitas foron as cantigas que interpretadas en directo coa orquestra en vivo que lle deron emoción a un festival, que cos seus defectos, tivo tempos de certa gloria. As cousas mudaron e a cita de eurovisión xa case non interesa. E nesa mudanza de caída de calidade participou a configuración dos xurados que elixen a cantiga que neste caso  representa e este noso Estado. A primeira cuestión radica en que na composición dos xurados hai escasa presenza de músicos, xente de letras  e compositores. Logo a esto hai que sumarlle á participación do público coas súas mensaxes e peso; participación  que teñen moita importancia na decisión final. A todo o dito hai que engadirlle a escenificación que, a día de hoxe,  tomou un peso excesivo  e que vai contra a calidade  e contido do espectáculo.

A música cando carece de calidade e os seus textos son banais como é o caso de Zorra,  perde interese e convírtese nun obxecto de consumo pra axiña  esquecelo. E iso é o  que acontece cando  se banaliza todo ou se fan valoracións sen ter un coñecemento amplo e sosegado do que se di ou se pretende transmitir.

A excesiva tecnificación actual parece que ven a relevar  a creatividade artística e a quitarlle valor a palabra, as notas, acordes  e harmonías que nos levan a soñar paisaxes e momentos  e tamén  a lanzar mensaxes  a unha sociedade embuída polos ritmos chocalleiros e machacóns. Unha sociedade  que soamente crean masa e que   embrutece á xente que, con un son excesivo, que  move os que  a escoitan como  se fonsen zombis.

Sei que as innovacións da tecnica traen cousa positivas; mais a creatividade dos homes, a dos artistas a dos músicos e compositores   nunca a podera sustituirse pola técnica.

Vivimos tempos nos que a cultura de masas soamente é a que ten valor. E diante esa premisa, trunfa todo o que se considera divertimento. O obxectivo único  é a diversión.   Ise modelo témolo perto de nos na nosa cidade. Todo é troula e diversión. Tristeiro obxectivo que soamente crea papanatismo, falla de criterio e aborregamento.

Esta españa de pandeireta xa ten cantiga pra levar a Eurovisión. Xa ten unha peza sen contido artístico e sin alma,  algo semellante a do ano pasado. Viva a mediocridade.


Outros artigos de Manuel Herminio Iglesias

A opinión de Manuel Herminio: “Enfurruñados ou riquiños”

Quen fala dos problemas desta terra?

Asaltar o ceo contra o pracmatismo

Volve o tempo das promesas

Aquelas pequenas cousas

A fantasía e o consumismo no Nadal

Feijoo e as maiorías absolutas

Tempo de Magostos

Coidado cos salvapatrias

Descoñecen o que berran e chantean?

Achegarse á España real

Lavándolle a faciana a extrema dereita

A Resaca Electoral

O puzle ourensán

Música de calidade

As licencias dos quen mandan

Pacto cós ourensás

Moita enerxía sen rentabilidade

Xente sinxela

Os que pasan á historia

A Aposta Galeguista

Fun cantando

Nin Música nin Letra

Un home feito de cartos

Tempo de lecer e refexión.

As leiras a ermo

A longa sombra da corrupción

Erro Histórico

Llegó la mami….

Un crego de parroquia

Ourense: Sen obxectivos nin proxectos

e Ourense, existe?

O Nadal da Saudade

Unha area no zapato

Serrat e os cantautores

As incertezas na aldea global

Ourense, por riba das ideoloxías

O importante é a pasta

Sos Ourense!!!

Ourense cara un ermo cultural

Vandalismo, botellóns e desleixo

Na procura da felicidade

Dúas maneiras de actuar na política

Tinte galeguista

Abrindo un novo camiño

Lembrades a democracia organica?

Actuar en manada

Os refráns na política

As miserias na política

De xeonllos e pedindo perdón

Culturetas de ….

Arroutadas