Ribeiro en Común demanda que a Xunta se comprometa coa rede de auga e abastecemento de Ribadavia e cofinancie a nova captación no río Miño.

Levamos moitos meses do novo goberno municipal e aínda non deron ningún paso para lograr este compromiso da Xunta, a pesar de ser un dos principais problemas nas infraestruturas de Ribadavia.

AVANTAR ACTIVIDADES

Recordamos que Ribadavia leva pagado á Xunta (Augas de Galicia) arredor de 1,2 millóns de euros en concepto do “canon da auga”, mentres que Augas de Galicia (Xunta) leva investido cero euros desde 2009, a pesar de que a norma recolle que deben facer investimentos.  

Ribadavia a 22 de febreiro de 2024.

Ribeiro en Común recorda que os problemas estruturais da rede de auga e saneamento municipal de Ribadavia que, xunto a seca extrema do verán 2022, provocaron unha grave crise, continúan sen resolverse.

Que este ano non suframos ningún episodio de seca non significa que non o volvamos a sufrir, se non se resolver os problemas de captación que padece Ribadavia desde fai décadas. Pedimos que a Xunta faga o mesmo en Ribadavia que xa fixo e fai noutros municipios con menor poboación.


Ribeiro en Común mantemos as reivindicacións feitas desde o goberno, e dicimos o mesmo desde a oposición. O noso grupo esíxelle á Deputación e á Xunta o mesmo trato para o municipio de Ribadavia que lle dá a outros Concellos da Comarca do Ribeiro.

Continúa a discriminación a Ribadavia:

Seguiremos reivindicando o que é de Xustiza, ata conseguilo. Denunciaremos calquera exercicio de discriminación contra Ribadavia, Así, Augas de Galicia leva varios lustros sen realizar ningún investimento no municipio de Ribadavia.
Esta discriminación non ataca aos diferentes gobernos que tivo o noso concello, senón á sociedade e aos veciños de Ribadavia.  

– Deputación e Xunta nada fixeron nestas décadas, desde a época do bipartito na Xunta non se realizou ningún investimento.

Ribadavia precisa na súa rede investimentos millonarios das Administracións con competencia na materia para mellorar un servizo público básico.


A este respecto é preciso recordar que Ribadavia leva pagado á Xunta (Augas de Galicia) arredor de 1,2 millóns de euros en concepto do “canon da auga”, mentres que Augas de Galicia (Xunta) leva investido cero euros desde 2009, a pesar de que a norma recolle que deben facer investimentos.  

– O diñeiro público é de todos, non dos políticos. En Ribadavia non queremos ser máis que ninguén, pero tampouco menos.

A pesar disto, ao PP xa se lle remataron as escusas e o discurso vergoñento e antidemocrático de que os investimentos chegarían cando eles estiveran no goberno.

Comeza unha nova lexislatura no Parlamento Galego e un novo mandato na Xunta de Galicia, por conseguinte consideramos que é o momento de retomar esta demanda tan necesaria e urxente para Ribadavia.

Por todo o anterior, facemos a seguinte PROPOSTA PARA A SÚA APROBACIÓN:

  1. O Concello de Ribadavia solicita que a Xunta se comprometa a realizar a captación no río Miño, cuxo proxecto xa foi aprobado polo anterior goberno municipal, e o seu tramite realizado diante de todas as Administracións con competencia.
  2. O Concello de Ribadavia demanda que confederación hidrográfica (CHMS) e Deputación provincial tamén colaboren na obra da nova captación no río Miño.
  3. Instar ao goberno da Xunta de Galicia, Deputación e CHMS a que colaboren con Ribadavia para realizar arranxos na rede de abastecemento e saneamento, tales como estacións de bombeo e separación de augas pluviais e residuais.