I Rallysprint de Piñor

A Escudería MOTOR PIÑOR, organiza o I RALLYSPRINT DE PIÑOR, proba deportiva incluída no Campionato Galego de Rallysprint 2024 da Federación Galega de Automobilismo, os días 1 e 2 de marzo de 2024, percorrendo estradas dos Concellos de Piñor e San Cristovo de Cea.

O Rallysprint é una modalidade dos rallys de asfalto cunha duración menor, con só dous tramos e máis cortos, e será a primeira edición que se celebre en Galicia.

AVANTAR ACTIVIDADES

O percorrido ten un total de 95,07 km, dos cales 40,40 km corresponden a 4 treitos cronometrados por estradas asfaltadas pechadas ó tráfico, dividido en 1 etapa e 2 seccións.

As inscricións están abertas ata o 28 de febreiro, quedando poucas prazas libres, e entre eles están: Alberto Otero (WRC), Manuel Osorio (R5), Jaime Perez (Peugeot 208 T16 R5), Tino Iglesias (Ford Fiesta N5), Javier Ramos “Disiclin” (VW Polo N1), Jorge Pérez Alonso (Subaru Impreza N14)….

Para finalizar agardamos que este evento deportivo teña unha boa acollida na zona, e agradecemos a colaboración a todas as empresas patrocinadoras, aos Concellos de Piñor e San Cristovo de Cea, e a todas as persoas que nos axudan a organizar esta proba.