Angustias celebrou o seu centenario rodeada de amigos e familia

O Asilo Irmáns Prieto do Carballiño celebrou unha festa polo centenario de Angustias, unha das súas residentes. Foi un día moi especial, no que estivo acompañada polo su fillo e a súa nora, ademais doutros residentes. Tamén acudiron varios voluntarios do Colexio Sagrado Corazón que axudaron a preparar toda esta festa e tamén animaron á homenaxeada.

Dende o asilo quixeron facerlle entrega dun ramo de flores como agasallo, e tamén o tenente alcalde, Manuel Dacal, fíxolle entrega dunha orquídea.

AVANTAR ACTIVIDADES

Moitas felicidades Angustias!