No Carballiño: Exposición pública da propuesta para a elaboración dos pregos reguladores do contrato de concesión do servicio integral da auga

No Carballiño: Exposición pública da propuesta de estudio de viabilidade económico-financeira e estructura de costes da actividade como actuación preparatoria para a elaboración dos pregos reguladores del contrato de concesión del servicio integral da auga do Concello do Carballiño

Anuncio de exposición pública da proposta de estudo de viabilidade económico-financeira e estrutura de costes da actividade como actuación preparatoria para a elaboración dos pregos reguladores do contrato de concesión do servizo integral da auga do Concello do Carballiño.
O 1 de febreiro de 2024, o Pleno do Concello adoptou o seguinte acordo por 6 votos a favor e 11 abstencións:
“Tendo en conta os traballos que está a realizar a empresa Tirse Ingenieros, enxeñería encargada da redacción da documentación preparatoria para a licitación do contrato de concesión do servizo do ciclo integral da auga do Concello do Carballiño, en virtude da Resolución nº 2022-1898.
Tendo en conta que con data 12 de decembro de 2023 Tirse Ingenieros entregou por rexistro de entrada a seguinte documentación:
a) Apéndice nº 1. Solicitude de estrutura de costes a operadores económicos.
b) Apéndice nº 2. Respostas recibidas dos operadores económicos.
c) Anteproxectos das obras necesarias para o servizo do ciclo integral da auga do Carballiño.
d) Estudo de viabilidade para a xestión, en réxime de concesión, do servicio do ciclo integral da auga do Concello do Carballiño (Ourense).
e) Proposta de estrutura de costes e xustificación da fórmula de revisión de prezos para a xestión, en réxime de concesión, do servizo do ciclo integral da auga do Concello do Carballiño (Ourense).
Vistos os informes de Secretaría sobre procedemento e da Intervención sobre órgano competente, ambos informes de data 13/12/2023, O Pleno do Concello adopta o seguinte acordo:
Primeiro. Determinar como actuación preparatoria previa ao expediente de contratación da concesión do servizo do ciclo integral da auga do Concello do Carballiño, o estudo de viabilidade económico-financeiro e a estrutura de costes en base á motivación citada na parte expositiva desta proposta
Segundo. Proceder a someter a información pública o estudo de viabilidade económico-financeira presentada por rexistro de entrada o día 12 de decembro de 2023, co número de rexistro 2023-E-RE-2875, por un período dun mes contado a partir da última publicación deste acordo no Boletín Oficial da Provincia de Ourense, na sede electrónica do Concello do Carballiño e no perfil do contratante do Concello do Carballiño.
Terceiro. Proceder a someter a información pública a estrutura de costes presentada por rexistro de entrada o día 12 de decembro de 2023, co número de rexistro 2023-E-RE-2875, por un período de vinte días contado a partir da última publicación deste acordo no Boletín Oficial da Provincia de Ourense, na sede electrónica do Concello do Carballiño e no perfil do contratante do Concello do Carballiño.”
O que se publica para o xeral coñecemento, para que os interesados poidan presentar as alegacións que consideren oportunas, no prazo dun (1) mes para o estudo de viabilidade e de vinte (20) días para a proposta de estrutura de costes, dende a última publicación deste anuncio, xa ben sexa no BOP de Ourense, na sede electrónica ou no perfil do contratante do Concello do Carballiño.
Pódense consultar os documentos que os conforman no taboleiro de anuncios na sede electrónica do Concello do Carballiño (https://carballino.sedelectronica.gal/transparency; Portal de transparencia; 7. Urbanismo, obras públicas e ambiente_urbanismo, obras públicas e medio ambiente; 7.2
Plans e programas medioambiente_plans e programas medioambientais) e no perfil do contratantedo Concello do Carballiño, mediante a Plataforma de contratación do sector público.

AVANTAR ACTIVIDADES