Seis procesións, tres conferencias, un concerto de música sacra, dúas exposición e un roteiro conforman a Semana Santa da Cofradía da Vera Cruz

A Semana Santa carballiñesa consolídase nesta edición como un dos eventos relixiosos e culturais máis relevantes da provincia. Cunha vintena de actos, que inclúen seis procesións, seis saetas, dúas conferencias, un roteiro urbano, dúas exposicións e un concerto, a programación elaborada pola Confraría da Veracruz presentouse este xoves, 7 de marzo, no salón de plenos do concello do Carballiño.

O acto contou coa presentación da periodista da TVG Raquel Domínguez, así como coa asistencia do alcalde, Francisco Fumega, así como do confrade maior Rafael Melero e o confrade Celso Carballeda, entre outros.

AVANTAR ACTIVIDADES

A Valedora do Povo, María Dolores Fernández Galiño, será a encargada de pronunciar o pregón. Terá lugar o 17 de marzo no Templo da Veracruz, antes da celebración da misa, na que participará a Coral de Ruada.

Nesta edición, a Confraría da Veracruz conta coa colaboración do Concello do Carballiño e da Deputación Provincial de Ourense, así como co patrocinio da Pulpería Asador Veracruz. Os arranxos florais os realizarán Arte Floral Rita Soto e Flor de Lis.

No apartado musical, figuran, entre outras, a Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense e a Banda de Música de Vilatuxe, así como as corais de Ruada e o Orfeón do Carballiño, mentres que as saetas serán interpretadas por Chema Ares, Almudena Mosquera, Maribel López, Christian Casas e Maite López Martínez.

O escultor masidao Alberto Fernández é o autor das pezas que se exporán na mostra “Os Cristos do Lume”.

No ciclo de conferencias son protagonistas o Rvdo. P. Fray Francisco Javier Castro Miramontes, Rector do Santuario de Santa María la Real de O Cebreiro: «Los Santos Lugares: el Camino de la Fe», e o historiador carballiñés David Chao Castro. Profesor de Historia da Arte da Universidade de Santiago de Compostela: «Do Santo Sepulcro de Xerusalén ao Santuario da Vera Cruz de Antonio Palacios».

Nesta edición, o segundo roteiro urbano “Historia, Arte e Arquitectura relixiosa no Carballiño”, guiado polos historiadores do Centro de Estudios Chamoso Lamas, Juan Manuel Rodríguez e Xosé Luis Sobrado, incorpora por vez primeira a igrexa parroquial de Señorín, onde dará comezo o roteiro para rematar no templo da Veracruz, coa vella igrexa parroquial, a do Colexio do Sagrado Corazón e a da Residencia Irmáns Prieto no medio.

Raquel Domínguez agradeceu en nome da Confraría da Veracruz a colaboración do Concello do Carballiño e da Deputación Provincial, así como dos patrocinadores, Pulpería Restaurante Veracruz, e as floristerías Arte Floral Rita Soto e Flor de Lis. E a continuación desgranou o contido do programa polo miúdo cunha vintena de actos culturáis e relixiosos de moito interese.

Destacou o esforzo, o traballo, a ilusión e a entrega da Confraría da Vera Cruz, que, ano tras ano, segue a presentar múltiples novidades e continúa consolidando a Semana Santa carballiñesa como unha referencia da Semana Santa na nosa provincia, e por extensión, no interior de Galicia.

Presentou o cartel da Semana Santa do Carballiño que, unha vez máis, reflicte o lema “devoción, gastronomía e termalismo”, e referiuse á pregoeira, que cualificou de excepcional, a maxistrada carballiñesa e Valedora do Pobo María Dolores Fernández Galiño, que falará das súas vivencias na nosa Semana Santa. Terá lugar na mañá do día 17 de marzo, ás 12 do mediodía, antes da misa no Templo da Veracruz. Participa tamén a centenaria e recoñecida Coral de Ruada para darlle maior solemnidade ao acto.

Tamén citou o Concerto de Música Cofrade, o mesmo día 17, pero polo serán, ao finalizar a misa das seis, coa participación da Banda de Música da Misericordia de Viveiro.

Rafael Melero referiuse na súa intervención ao nacemento da parroquia do Carballiño no ano 1893 así como á donación á parroquia da reliquia do lignum crucis polo monxe franciscano Frey Pedro Fernández en 1901, que sería o estímulo para a posterior construcción do Templo da Veracruz, e fixo fincapé na creación da Confraría da Veracruz no ano 2007 co obxectivo de reorganizar, dinamizar e canalizar a Semana Santa carballiñesa.

Neste senso destacou o esforzo realizado nestes dezasete anos para consolidar a Semana Santa do Carballiño como unha das máis salentables da provincia e de Galicia. Amosouse especialmente satisfeito co programa cultural e relixioso desta edición, destacando a compoñente musical e as celebracións relixiosas, cuio cumio é a procesión do Venres Santo, que nesta edición contará cun cortexo procesional de máis de trescentas cincuenta persoas e o acompañamento musical de dúas bandas: a Banda de cornetas e trompetas ACOTAGA de Ferrol e a Banda de Vilatuxe.

Ademáis, mencionou a adquisición de máis de cento cincuenta túnicas novas para os distintos cortexos procesionais, a elaboración de 65 ciriais e 14 cruces de noble madeira para portar o Vía Crucis na Procesión do Cristo da Saúde, a incorporación de varios estandartes de paso e o arranxo de varios dos tronos procesionais entre outras novidades. Todo esto gracias á fundación dos Talleres de Costura e Priostía da Confraría, según dixo, polo que agraceceu a todos os membros o esforzo e desinteresada colaboración.

Pola súa parte, o alcalde agraceceu o traballo e o esforzo persoal e económico da confraría para dignificar a Semana Santa carballiñesa e convertela nun evento cun gran atractivo para a veciñanza da vila e comarca e para os visitantes, ademais da súa compoñente cultural e relixiosa, que sucede precisamente nun ano no que se celebra o 150 aniversario do nacemento de Antonio Palacios, arquitecto do Templo da Veracruz, o que lle otorga a este programa da Semana Santa elaborado pola Confraría da Veracruz, que se desenvolve en gran medida no templo a arredores, un carácter especial.