As asociacións de nais e pais de toda España premian a xestión dos comedores escolares en Ourense por FAPA As Burgas.

C:\User

Entregaronlle o premio da Confederación estatal de AMPA, CEAPA, durante a Semana de la Educación no recinto ferial de Madrid IFEMA

AVANTAR ACTIVIDADES

            Son un modelo do que se debe e pode facer aplicando criterios de calidade e non unicamente económicos.

            Un referente na promoción de comedores escolares eficientes, de calidade, sostibles e sobre todo coidando da alimentación dos nosos fillos e fillas. Así cualifica o labor de FAPA As Burgas a CEAPA, a confederación que agrupa 12.000 asociacións de nais e pais de centros públicos de toda España. Recoñecen co premio o importantísimo traballo que levan anos realizando para reivindicar unha alimentación escolar digna e de calidade nos centros educativos. Aseguran que FAPA As Burgas é un exemplo de que, cando os comedores escolares se rexen por criterios adecuados, e non só económicos, é posible ofrecer unha alimentación de calidade ó alumando.

            Recolleu o premio José Antonio Álvarez Caride, presidente de FAPA As Burgas, agradecendo o galardón á CEAPA e lembrando o apoio da súa familia e dos compañeiros da federación que agrupa máis dun cento de ANPA de centros públicos da provincia de Ourense. Tamén salientou as aportacións das empresas que colaboran co proxecto de comedores escolares, sinaladamente de Aceites Abril, que aporta o seu produto de modo gratuíto malia a suba de prezos. Igualmente recordou á empresa de catering Antonio Gallego Cid, que asume sen regateos os criterios de calidade dos produtos, temporalidade estacional e quilómetro cero da súa procedencia, variedade e complementariedade. No Día da Muller, Álvarez Caride destacou especialmente o traballo das monitoras que atenden a diario os comedores xestionados pola FAPA As Burgas, que coidan das alumnas e alumnos ao tempo que lles transmiten bos hábitos alimentarios. Entregoulle a placa do premio a presidenta do Consello Escolar do Estado Encarna Cuenca Carrión.

            Ademáis de á FAPA As Burgas pola súa xestión exemplar do comedores escolares, CEAPA premiou, entre outros, ó programa Salvados, de Jordi Évole e Gonzo, polo seu tratamento de problemas que afectan á xente moza, como a saúde mental ou o abuso dos dispositivos móbiles e redes sociais. Tamén á xornalista Nieves Concostrina pola súa divulgación da historia cunha persectiva orixinal, crítica e feminista.

s\Usuario\Downloads\Premios CEAPA.jpg