A programación da Semana Santa comeza este domingo ca lectura do pregón

A Semana Santa carballiñesa consolídase nesta edición como un dos eventos relixiosos e culturais máis relevantes da provincia. Cunha vintena de actos, que inclúen seis procesións, seis saetas, dúas conferencias, un roteiro urbano, dúas exposicións e un concerto, a programación elaborada pola Confraría da Veracruz dará comezo este domingo.

A Valedora do Pobo, María Dolores Fernández Galiño, será a encargada de pronunciar o pregón. Terá lugar o 17 de marzo no Templo da Veracruz, antes da celebración da misa, ás 12:00 horas.

AVANTAR ACTIVIDADES

Participa tamén a centenaria e recoñecida Coral de Ruada para darlle maior solemnidade ao acto.

Pola tarde comezará a actividade musical deste programa, co Concerto «Sonidos Cofrades», ás 18:30 horas ao terminar a Santa Misa no Templo da Veracruz. Participa a Banda de Música Nuestra Señora de la Misericordia de Viveiro.