O Partido Popular pedirá ao concello máis medidas preventivas contra os incendios

“A prevención de incendios forestais é unha prioridade para protexer os nosos pobos do medio rural , os nosos bosques e o noso entorno natural. Temos no verán unha época de alto risco e unhas zonas forestais nas que debemos actuar antes desta época de risco.

A silvicultura preventiva, que consiste en controlar e ordenar os combustibles vexetais reducindo a combustibilidade das estruturas vexetais, é fundamental na prevención de incendios.

AVANTAR ACTIVIDADES

Os plans de prevención e defensa contra incendios anuais teñen medidas específicas para o entorno periurbano de entidades locais.

A educación e concienciación son fundamentais dende nenos. A prevención comeza na educación. É fundamental concienciar á poboación sobre prácticas en áreas forestáis en épocas de risco.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:
  • Que ante a pronta chegada da época de lumes e a pouca prevención contra o lume que se fai neste Concello nos anos anteriores.
  • Ante a falla de Planificación polo Concello, sempre ten problemas co Convenio de debroces coa Consellería do Medio Rural.
  • O abandono das zonas rurais por parte do Concello, en especial as rozas de franxas secundarias.
  • Non ter brigada municipal nin Motobomba conveniada coa Xunta.
  • A desfeita das presas nos ríos, con falla de mantemento que provoca unha merma na capacidade de embalsar auga, moi importante nestes períodos de seca.
  • A falla de limpeza nos ríos, con restos de árbores e cauces abandonados.
Polo que solicitamos :
  • Que as brigadas e tractores do Concello empecen na primavera co desbroce e limpeza de árbores no rural nas faixas secundarias de competencia municipal.
    • Que o Concello presente en tempo e forma o Plan de actuacións Previas coa Xunta de Galicia
  • Que nos posteriores Convenios coa Xunta se convenien brigadas municipais de desbroce e extinción de lumes forestais e motobombas, como fan casi todos os Concellos da Comarca.
  • Tramitar coa Confederación o arranxo das Presas e leitos dos ríos do Concello”.