As exposicións de O Potiños: “2018-Contraluces”

ALMA ESPIDA A CONTRALUZ

Esquecerse das cores, dos detalles, dos adornos… Apagar o gótico e o barroco e volver ó primitivo, a arte rupestre, a esencia. Buscar e atopar as raíces do máis simple.

AVANTAR ACTIVIDADES

O difícil é pintar case sen luz. Esquecer a roupa e o envoltorio e buscar a forma pura, a esencia, a alma. E imos pouco a pouco pasando as fotos, de dúas en dúas:

Un mozo que voa xogando a baloncesto, dous nenos que se queren sentados nunha peneda, na beira do mar, recortados contra un ceo bermello;

siluetas de dous rapaces que xogan na praia que a auga acaba de deixar, namentras outras sombras camiñan ou se bañan;

unhas herbas de seda que nos cofean a pel por dentro, luces e contraluces que xogan no solpor;

ela lixeira que cruza nun minúsculo paso de cebra; o banco, a bici e a familia, enmarcados entre dúas árbores, entre a terra de aquí e o ceo de alá;

a estrada que baila co ritmo dos postes que nos levan o territorio onde arde o sol; e de repente, no medio deste universo de sensacións, fainos estremecer o home que camiña borrosamente pola beira do mar, intentando lembrar as esquecidas formas dos barcos e dos paxaros: cheira a esquecemento, a nostalxia e a desenfoque.

Espertamos coa caricia dunhas follas que nos devolven á vida e ó recordo, escoitando o bailar dun fento na eira do silencio;

nove sombras vivas contemplan as estatuas cheas de luz, sin que sexa fácil saber onde está o mundo real e onde o seu reflexo; e saímos da cova por unha estrada onde unha muller contempla outras nove sombras que camiñan;

home, muller e nena, recortados no tempo, detidos nun instante;

unha parella que busca o amor quente e mollado da derradeira hora da tarde, agardando a chegada do mozo que veña coa lúa na man;

o milagre do sol que se pousa nunha planta ou a luz que acaricia a dous seres que camiñan mansamente pola mar;

dorme a praia, dorme a aldea, e a luz sementa os últimos beixos de beleza nas rochas que se están bañando na mar; e volvemos á urbe, á colmea humana, chea de misterio e de preguntas;

Vinteséis fotos de trece “potiños”, trece miradas diferentes que nos fan estremecer… Nun mundo en branco e negro, onde a imaxe non é cor nin detalle, senon concepto, onde a vida é silueta, alma espida a contraluz.

Aurora 1
Aurora 2
Charo Gundin 2 (1)
Charo Gundin 2 (2)
esther_mosquera_1
esther_mosquera_2
Felipe – Cruzando a avenida
Felipe – Samil
Jemiliogomez – Amanece
Jemiliogomez – Calma
JLDiz-001-HERBAS
JLDiz-002-FENTOS
JLMONTES4
JLMONTES7
JuanRua_IMG_4941
JuanRua_IMG_4947
Luisa 1 (1)
Luisa 1 (2)
MCelta 1- Cardos
MCelta 2- Duo
Pat 1
Pat 2 Acanltilados loiba
Teté Estate-COLMEAS URBANS
Teté Estate-FUGA BAIXO O SOL-SANTIAGO
VICTOR-CONTRALUZ 1
VICTOR-CORRENDO


OUTRAS EXPOSICIÓNS DE POTIÑOS

As exposicións de O Potiños: “OUTONO 2016”

As exposicións de O Potiños: “GALICIA E GALEGOS”